Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación 5.1 das

previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal promovido por Mercedes González Chapela e outros.

Segundo.-Someter a información pública o expediente polo período dun mes inserindo para este efecto anuncio no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen convenientes, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou que, por ignorarse o seu domicilio non poidan ser notificados personalmente.

Cangas, 25 de xaneiro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde