Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 2 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, promovido por Promociones y Construcciones Vivengal, S.L.

Segundo.-Someter a información pública o expediente polo período dun mes inserindo para o efecto do anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que consideren convenientes, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 25 de xaneiro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde