Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ACORDO do 28 de enero de 2002, da Comisión de Goberno Municipal, polo que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, para a subministración e instalación de xogos infantís nos centros públicos.

Cadro de características do contrato

1. Obxecto: subministración e instalación de xogos infantís nos centros públicos.

2. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de pesetas (60.101,21 A); IVE e demais gastos incluídos.

3. Aplicación orzamentaria: 22000-4221-611.01.

4. Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

5. Lugar e hora de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Ferrol de 9 a 13 horas de luns a sábado, durante o prazo de presentación das ofertas. Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou nas oficinas consulares de España no estranxeiro segundo se establece na cláusula 10 do prego de condicións.

6. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, este trasladarase ó seguinte día hábil).

7. Prazo de entrega: 1 mes (30 días) contado a partir da data da sinatura do contrato de adxudicación para a entrega dos xogos, así como a execución das obras de fábrica. O prazo das obras civís é de 15 días máis.

8. Garantía provisional: 200.000 pesetas (1.202,02 A).

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Consulta de pregos e obtención de copias: o expediente desta contratación, así como a documentación técnica unida a el, poderá ser examinado no Negociado de Educación da Casa do Concello de Ferrol, de 9 a 13 horas, a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no DOG.

12. Enderezo do Concello de Ferrol: praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol (A Coruña).

13. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 28 de xaneiro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde