Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de oito días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións técnico-xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación por procedemento aberto e de concurso do contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipos informáticos e de medición destinados á realización de traballos topográficos, de medición, elaboración de cartografía, pla
nos, dixilitación, valoracións e demais prestacións de carácter técnico, coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.
Así mesmo, convócase, polo procedemento de urxencia, a licitación pública para adxudicar por procedemento aberto e de concurso o contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipos informáticos e de medición destinados á realizacióin de traballos topográficos, de medición, elaboración de cartografía, planos, dixitalización, valoracións e demais prestacións de carácter técnico. O prazo de recepción de solicitudes de participación é de vinteseis días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, a licitación aprazarase de presentárense reclamacións contra o prego de condicións, ata que sexan resoltas.
Obxecto: execución do contrato de asistencia técnica para a dispoñibilidade de equipos informáticos e de medición destinados á realización de traballos topográficos, de medición, elaboración de cartografía, planos, dixitalización, valoracións e demais prestacións de carácter técnico.
Tipo de licitación: 5.987.700 pesetas.
Presentación de proposicións: na Secretaría da Corporación, das 9 ás 12 horas, en días hábiles.
Mos, 8 de xaneiro de 2002.
P.D.
Gonzalo Táboas Figueroa
Alcalde