Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de modificación puntual do PXOM para a nova redacción do artigo 84 relativo ás determinacións sobre os espacios baixo cuberta: aprobación inicial.

Aprobación inicial.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2002, aprobou inicialmente a modificación puntual ó PXOM para a nova redacción do artigo 84, relativo ás determinacións sobre os espacios baixo cuberta.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2002, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edi

ficación e demolición para toda a área desta modificación puntual. O que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 28 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado