Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rois.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de xaneiro de 2002, acordou prestar aprobación definitiva por maioría absoluta do número legal dos seus membros ó Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sinalando que contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, na súa redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 10.1º a) y 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da citada xurisdicción.

Rois, 23 de xaneiro de 2002.

Carlos Ares Villar

Alcalde en funcións