Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.379

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 5 de decembro de 2001, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de citacións para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e téndose intentado a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por

causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notificar actos de procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo o órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, número 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 5 de decembro de 2001.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo

A.E.A.T. Comunidade Autónoma de Galicia

Datos do contribuínteConcepto/descrición/obx. trib.

B33390949, Cañacel, S.L., r/ 19 de Xullo, 10, 3-8, OviedoSanción exp.: 2000/193/00 Xust., Int. e R.

B33390949, Cañacel, S.L., r/ 19 de Xullo, 10, 3-8, OviedoSanción exp.: 2000/200/00 Xust., Int. e R.

Datos do contribuínteConcepto/descrición/obx. trib.

Pisa Miranda, Santiago, r/ Río Caudal, 10, 1-D, Oviedo(Nº fact.: 200000974), Hospital da Costa