Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.406

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (493/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 493/2001 seguidos por instancia de José Pais Sambade contra Tero Lago, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 18-12-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por José Pais Sambade, contra a empresa Tero Lago, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante na suma de 230.057 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncio, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Tero Lago, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Ramón María Aller, 5, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 18 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA