Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición formulado por Jesús González Vázquez.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data 5 de decembro de 2001, resolución no recurso de reposición formulado por Jesús González Vázquez.

Tentada dúas veces a notificación da devandita resolución a través do servicio de correos no domicilio indicado polo interesado para efectos de notificacións, esta non se puido practicar, sendo devolta polo devandito servicio.

En virtude das razóns expostas, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en concordancia co seu artigo 61, en virtude deste anuncio, notifica a Jesús González Vázquez a resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 5 de decembro de 2001, pola que se inadmite o recurso de reposición formulado contra a Orde do 8 de outubro de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso nas distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A).

O recorrente poderá recolle-la resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública, sita no edificio administrativo San Caetano 1-3º en Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado o

recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución, ou ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2º e 10º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública