Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de material de lencería e vestiario, con destino a este complexo hospitalario, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 005/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público nº 005/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración sucesiva de material de lencería e vestiario con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, repartido en vinte lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de cento noventa e un mil douscentos oitenta e oito euros, con cincuenta e nove céntimos (191.288,59). Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: os bens obxecto deste concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Hostalería a partir da formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital Provincial; rúa Loureiro Crespo, nº 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 00 (extensión 77320 e 77309), ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas.

Provisional: o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote ó que se licite.

Definitiva: o catro por cento do importe de adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados na folla de especificacións (p. 13.1).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexis

tro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia Xeral no Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2002.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra