Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AVIÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de ordenación do medio rural de Avión polo Pleno deste concello, na súa sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2001, faise público o citado acordo, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que coiden oportunas durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Ourense e no xornal La Región.

Avión, 29 de xaneiro de 2002.

Francisco Gil Zamora

Alcalde