Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo concello
de Negreira (A Coruña) e polo concello de Tomiño (Pontevedra) e realizadas -por petición dos concellos- as oportunas rectificacións polas delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña e Pontevedra, respectivamente, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 229, do 27 de novembro de 2001, así:
-No anexo I provincia da Coruña, na páxina 15.136, onde di: «57. Negreira: 6 de xullo, San Cristovo; 17 de setembro, Santa Margarida», debe dicir: «57. Negreira: 12 de xullo, Festas do Verán; 16 de setembro, día de Santa Margarida».
-No anexo IV provincia de Pontevedra, na páxina 15.141, onde di: «55. Tomiño: 16 de agosto, San Roque; 9 de setembro, Festa da Virxe do Alivio», debe dicir: «55. Tomiño: 16 de agosto, San Roque; 16 de setembro, Festa da Virxe do Alivio».
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro 2002.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais