Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 31 de xaneiro de 2002 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2002.

De acordo co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, nos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio) e na Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Períodos hábiles e cotas totais de captura para a pesca do salmón (Salmo salar).

Do 17 de marzo ata o 21 de xuño nos coutos de Abres, San Tirso e A Pontenova (río Eo).

Do 5 de maio ata o 21 de xullo nos coutos de Celeiro (río Masma), Viveiro (río Landro), Betanzos (río Mandeo), Sinde (río Ulla), Couso (río Ulla) e mais. Frieira (río Miño).

Nos coutos dos ríos Mandeo, Landro e Miño autorízase a captura de 5 salmóns en toda a temporada, adiantándose o peche da mesma ó completarse as ditas cotas.

No couto do río Masma autorízase a captura de 10 salmóns, e nos do río Ulla 15 salmóns en toda

a temporada, adiantándose o peche da mesma ó completarse as ditas cotas.

No río Eo non se establece cota de capturas.

Nas restantes masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a pesca do salmón.

Artigo 2º.-Períodos hábiles para a pesca do reo (Salmo trutta trutta).

Do 5 de maio ata ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV e VI da presente orde).

Do 5 de maio ó 29 de setembro nos lotes 2 e 3 do couto de Celeiro (río Masma), nos lotes 2 e 3 do couto de Viveiro (río Landro), e mais nos coutos de Ribeiras (río Sor), Segade (río Sor), Xubia (río Xubia), Ombre (río Eume), Betanzos (río Mandeo), Ponte do Porto (río Grande), Noia (río Tambre), Sinde (río Ulla), Couso (río Ulla), Ponte Arnelas (río Umia) e Monteporreiro (río Lérez) .

Artigo 3º.-Períodos hábiles para a pesca da troita (Salmo trutta fario).

Do 17 de marzo ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV, V e VI da presente orde).

De conformidade co disposto no artigo 1 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, nas masas de auga habitadas por salmón ou reo e mais no último quilómetro, augas abaixo, de tódolos afluentes delas, por mor de protexe-la baixada cara ó mar destas especies migradoras, aprázase ata o 5 de maio o inicio da temporada para a troita e outras especies.

Nos coutos de pesca sen morte alóngase a tempada de pesca ata o 31 de outubro.

Artigo 4º.-Períodos hábiles para a pesca de especies distintas dos salmónidos.

Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes).

Non se autoriza a súa pesca.

Cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii).

Autorízase a súa captura nas datas e lugares especificados nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, V e VI da presente orde). As normas de pesca serán as que figuran no anexo VI da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Prohíbese a comercialización das capturas e establécese a obriga de sacrifica-los cangrexos no lugar de pesca, quitándolle-lo apéndice central do rabo, de tal xeito que se extraia tamén parte do tubo dixestivo do animal.

Reñosa (Rutilus arcasii) e espiñento (Gasterosteus aculeatus).

Non se autoriza a súa pesca.

Anguía (Anguilla anguilla).

Do 17 de marzo ó 25 de agosto, con carácter xeral, sen perxuízo do disposto nos réximes especiais de cada provincia (anexos III, IV, V e VI da presente orde).

Angula ou meixón.

Do 1 de novembro ó 31 de marzo, nas zonas establecidas nos réximes especiais (anexos III e IV da presente orde) e coas normas de pesca que figuran no anexo VII da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Lamprea (Petromizon marinus).

Do 1 de xaneiro ó 30 de abril nos ríos Tea e Ulla, de conformidade co disposto nas resolucións da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra do 15 de novembro de 2001 (DOG nº 232, do 30 de novembro) e de 31 de outubro de 2001 (DOG nº 221, do 15 de novembro), quedando prohibida a captura desta especie en tódolos demais ríos galegos.

Saboga e sábalo ou zamborca (Alosa spp).

Do 5 de maio ó 30 de xuño, no tramo do río Ulla comprendido entre o límite superior do couto de Sinde e a desembocadura, e no tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Ponte Arnelas e a desembocadura.

Autorízase un máximo de 5 exemplares por pescador e xornada.

No resto das masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a súa pesca.

Outras especies.

Do 17 de marzo ó 25 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais de encoros e zonas de desembocadura (Orde do 20 de xaneiro de 2000).

Artigo 5º.-Prescricións especiais para engados.

Salmón.

Poderanse empregar tódolos engados autorizados (artigo 4 da Orde de 20 de xaneiro de 2000) ata o 31 de maio. Para estes efectos terán a consideración de masas de auga habitadas polo salmón o último quilómetro, augas abaixo, de tódolos afluentes das masas de auga salmoneiras.

Do 1 de xuño ata a fin da temporada, prohíbese a culleriña. Desta prohibición exceptúase o couto da Frieira.

Outras especies.

Con carácter xeral prohíbese a utilización de anzois de tamaño inferior ó do número 14 para a pesca con engado natural en tódolos ríos de Galicia. Desta prohibición exclúense os encoros, nos que se poderán utilizar anzois doutros tamaños.

No réxime especial de encoros permítese a ceba das augas con pensos para ciprínidos.

Artigo 6º.-Excepcións nas dimensións mínimas e nas cotas de captura no caso da troita.

De conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, fíxanse as seguintes excepcións nas dimensións mínimas e nas cotas de captura:

Masa de augaDimensión

(cm)

Cota

(nº exemplares)

Couto de Doiras (río Cancelada)1715
Couto de Muras (río Eume)1715
Couto de Monterroso (río Ulla)1715
Couto de Vilarraso (río Deo)1715
Couto de Negreira (ríos Barcala e Alvariño)1715
Couto de Rubín (río Curantes)1715
Couto de Lalín (río Deza)1715
Couto de Forcarei (río Lérez)1715

Couto de Conso (río Conso)1710
Couto da Veiga (río Xares)1710

Fóra destes coutos con tamaño mínimo de 17 cm non se poderá permanecer á beira do río estando en posesión de troitas de tamaño inferior a 19 cm, agás no caso de que o pescador estea de paso polo tramo, conte cun permiso de pesca vixente nun destes coutos e teña tódolos aparellos e engados recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

Masa de augaDimensión

(cm)

Cota

(nº exemplares)

Couto de Boborás (río Viñao)1910
Couto Os Medos (río Arnoia)1910

Couto de Celeiro (río Masma)2112
Couto de Labrada (río Lor)2112
Couto de Noia (río Tambre)2112
Couto de Betanzos (río Mandeo)2112
Couto de Ponte do Porto (río Grande)2112
Couto de Verdes (río Anllóns)2112
Couto de Monteporreiro (río Lérez)2112
Couto de Couso (río Ulla)2112
Couto de Sinde (río Ulla)2112

Couto de Ribadavia (río Avia)2110

Couto de Allariz (río Arnoia)218
Couto de Celanova (ríos Arnoia e Orille)218

Curso principal do río Miño ó seu paso pola provincia de Ourense216

Nestes coutos e tramos con tamaño mínimo de 21 cm non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño, mesmo cando fosen pescadas noutro tramo, agás no caso de que o pescador estea de paso e teña tódolos aparellos e engados recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

Artigo 7º.-Xornadas hábiles.

Decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais e autonómicos. Nos tramos dos ríos Eo e Navia compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias, serán inhábiles os xoves non festivos.

Artigo 8º.-Horas de pesca.

No anexo I desta orde establécense as horas de comezo e remate da xornada legal de pesca. As distintas horas reflíctense en tempo oficial, ou sexa, tendo en conta os cambios horarios previstos para o ano 2002. Dez minutos antes do comezo e dez minutos

despois da finalización da xornada de pesca, tódolos aparellos e engados deberán estar recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

De conformidade cos artigos 31.3º da Lei de pesca fluvial e o artigo 88.3º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, os horarios do anexo I non serán de aplicación no caso dos réximes especiais da lamprea, da anguía e máis da angula ou meixón.

Artigo 9º.-Vedas e réximes especiais.

Apróbanse as vedas e mailos réximes especiais provinciais que figuran como anexos nesta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-No caso dos coutos de salmón nos que se remate a temporada ó chegar á cota, os pescadores que teñan permisos vendidos con anterioridade poderán solicita-la devolución do importe ou trocalos por permisos para troita ou reo en calquera outro couto.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para dictar cantas normas sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á temporada do ano 2003.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Horarios de pesca*

Período

(ámbalas dúas datas incluídas)

ComezoRemate

1-1-2002 - 31-1-20027551920

1-2-2002 - 28-2-20027252000

1-3-2002 - 23-3-20027402040

24-3-2002 - 30-4-20026502215

26-3-2002 - 30-4-20026502215

1-52002 - 31-5-20026302315

1-6-2002 - 30-6-20026152315

1-7-2002 - 31-7-20026302315

1-8-2002 - 31-8-20026352300

1-9-2002 - 30-9-20026102300

1-10-2002 - 26-10-20026402115

27-10-2002 - 30-11-20027201925

1-12-2002 - 31-12-20027501900

* Horas en tempo oficial, considerando os cambios de hora previstos para 2002.

ANEXO II

Vedas

Nas táboas deste anexo inclúense os tramos fluviais que permanecerán vedados durante toda a temporada de pesca. Nos límites de cada tramo inclúense entre

parénteses os concellos nos que se atopan os citados límites. Na columna titulada km figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Cando a veda inclúe tódolos afluentes existentes no tramo, na columna titulada OBS. (observacións) figura o texto afluentes; nesta mesma columna tamén se fan constar, de se-lo caso, algunhas outras particularidades da veda.

Provincia da Coruña.

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Río AnllónsPonte Lagoa (Carballo)Área recreativa da estación de autobuses (Carballo)2

Área recreativa de Gavenlle (A Laracha)Ponte Borreiros (A Laracha)9

Rego de BustoNacemento (Santa Comba)Desembocadura no Xallas (Santa Comba)3

Rego BamiroNacemento (Vimianzo)Desembocadura no couto de Baio (Vimianzo)4,5

RÍo BaaPonte da estrada LCV-1223 (Fene)Ponte da estrada LC-133 (Fene)2

Río BaxoiPonte de Socamiño (Vilarmaior)Desembocadura (Miño)5Afluentes

Río CádavoPonte da estrada N-VI (Fene)Desembocadura (Fene)1,2Afluentes

Río do Campo e Rego do BrixeoNacemento

(As Pontes)

Desembocadura no río Eume (As Pontes)4

Río do CocidoNacemento

(As Pontes)

Desembocadura no río Chamoselo (As Pontes)3Afluentes

Río EumePresa do encoro do EumeConfluencia do regato de Teixido (A Capela e Monfero)1

Regato Frai BermuzA ponte da Feira do DezConfluencia co río Eume (Monfero)2,5

Río FurelosPonte de Bragaña (Toques e Melide)Pasarela de Guillar (Toques e Melide)2

Regato GándaraNacemento (Sada e Bergondo)Desembocadura no río Mero (Cambre)6

Río LambrePonte de Sudreiros (Irixoa e Monfero)Central de Güimil (Irixoa e Vilamaior)7Afluentes

Río MercurínPresa do muíño de Campo da Feira (Ordes)Ponte da estrada N-550 (Ordes)1

Río MeroPresa de Cecebre (Cambre)Ponte Galiñeiro (Cambre)0,25

Encoro de CecebrePresa do muíño de Macenda (Abegondo e Betanzos)Liña recta imaxinaria que une Agrolongo coa beira oposta, atravesando a illa existente (Abegondo)

Encoro de CecebrePonte do viaducto da autoestrada A-9 (Abegondo e Carral)Liña recta imaxinaria, perpendicular á beira, que une o embarcadoiro de Carril coa beira oposta (Abegondo

Río RudeloNacemento (Sobrado)Desembocadura na Lagoa de Sobrado1,9Afluentes

Río SanínNacemento (Brión)Desembocadura no río Pego (Brión)

Río SomozasMorado (Somozas)Queira (Somozas)7Afluentes

Río SorPonte de Ribeiras do Sor (Mañón)Souto de Ribeira, Xancedo (Mañón e O Vicedo)1,6

Couto de Ribeiras200 m augas arriba da presa de Rafael (Mañón e O Vicedo)200 m augas abaixo de Ponte Ulló (Mañón e O Vicedo)0,7

Río Tambre

Couto de Chaián200 m augas abaixo da ponte de Chaián (Trazo)Presa das Elevadoras (Trazo)1,2

Couto de NoiaLímite superior do coutoDesembocadura do río Corzán (Brión e Negreira)0,8

Río XubiaPonte de Xubia (Narón)Presa do muíño de Xubia (Narón)0,2

Río de PradosNacemento (Narón) Desembocadura no couto de Xubia (Narón)4Afluentes

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Ríos do Parque Natural de CorrubedoLímite do Parque NaturalDesembocadura

Río ArtesLímite do Parque NaturalDesembocadura1,5

Regato CidadeLímite do Parque NaturalDesembocadura0,5

Regato LongoLímite do Parque NaturalDesembocadura1

Regato SirvesLímite do Parque NaturalDesembocadura0,5

Regato VilarLímite do Parque NaturalDesembocadura1

Regato VixánLímite do Parque NaturalDesembocadura0,5

Provincia de Lugo.

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Río AnlloPontes de Pacio Ponte da Faladoira3,5

Río ArnelaNacemento (Abadín)Ponte da estrada N-634 (Abadín)17,5Afluentes

Río AzúmaraPresa do casco urbano de Castro de ReiPonte de Sandamil (Castro de Rei)3

300 m augas arriba da ponte da estrada de Castro (Castro de Rei)Ponte da estrada de Castro (Castro de Rei)0,3

Río BarrazosoNacemento (Vilalba)Desembocadura no río Ladra (Vilalba)10

Regato de EscuridoNacementoDesembocadura na praia de Abrela5,5

Regato de CangasNacementoDesembocadura3,9

Río BalsadasNacementoPonte Caxoto11

Río BatánNacementoDesembocadura no río Baos6

Río de Brego ou de CereixedoNacemento (Cervantes)Lugar de Deva (Cervantes)5,5

Río BúbalNacementoPonte da N-540 entre Ourense e Lugo (Chantada e A Peroxa)Afluentes

Río CabeNacemento (O Incio)Ponte de Santa Eulalia de Trascastro (O Incio)9Afluentes

Pasarela do Clube Fluvial (Monforte )Presa do Cubano (Monforte)2,6

Lugar de Gundear (Monforte)Encoro de Vilanova (Monforte)0,5

Río Cancelada ou de CasasVeiga do Seixo no rego de Noceda (Cervantes)Desembocadura do río da Vara (Cervantes)1,3

Río EoNacemento (Baleira)Piscifactoría de Pisceo, en Fonteo (Baleira)1,8Afluentes

Límite inferior do lote 9 do couto de Abres (Trabada)Ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón (Ribadeo)6Excluído da veda o meixón

Río EspiñarcaoNacemento (Abadín)Desembocadura no río Labrada (Abadín)12,5Afluentes

Río EumeNacemento (Muras e Abadín)Ponte da Balsa (Muras e Vilalba)9,5Afluentes

Regato de FeásNacemento (Lugo)Desembocadura no río Guimarás (Lugo)2,1Afluentes

Río FiguerasNacemento (Mondoñedo)Desembocadura (Mondoñedo)13Afluentes

Río GuilánNacemento (Xove)Desembocadura no río da Rigueira (Xove)5

Río GuisandePonte de Guisande (Cospeito)Desembocadura no río Támoga (Cospeito)4,5

Río LamaNacementoDesembocadura (Chantada)

Río LandroNacemento do río e do regato de Coruxos (Muras)Ponte da Cabana-Silán (Muras)11

100 m augas arriba da presa do muíño (Viveiro)100 m augas abaixo da presa do muíño (Viveiro)0,2

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

100 m augas arriba da presa de Chavín (Viveiro)100 m augas abaixo da presa de Chavín (Viveiro)0,2

Presa de Salto do Can (Ourol e Viveiro) 250 m augas abaixo da presa de Salto do Can (Ourol e Viveiro)0,25

Río LexosoNacemento (Barreiros)Pozo de Lexoso (Ribadeo)4

Río LorNacemento (Pedrafita do Cebreiro)Ponte de Eixecadas (Pedrafita do Cebreiro)4,5Afluentes

Couto de CourelLímite superior do tramo 2Límite inferior do tramo 2

Río MadalenaPresa da Madalena (Vilalba)Presa do muíño de Reñego (Vilalba)1,2

Río MaoPonte de Ribeira, na parroquia de Goo (O Incio)Mosteiro (O Incio)1,5

Presa de Vilasouto (O Incio)200 m augas abaixo da presa de Vilasouto (O Incio)0,2

Río Masma100 m augas arriba da presa da central de Pozo do Capitán (Barreiros)100 m augas abaixo da presa da central de Pozo do Capitán (Barreiros)0,2

100 m augas arriba da presa de Fontela (Lourenzá)100 m augas abaixo da presa de Fontela (Lourenzá)0,2

Nacemento (Mondoñedo)Ponte de Viloalle (Mondoñedo)5Afluentes. Veda só aplicable ó reo

Río MeraPonte de Muíño de Mazuco (Lugo)Ponte-Nova, na parroquia do Veral (Lugo)1,2

Río MiñoPonte de Porto da PenaPonte da estrada N-640 (Meira)1,5

Río OuroPasarela de Valmaior (Foz)Ponte vella de Fazouro (Foz)7

Río PequenoPonte dos Mouros (Pastoriza)Ponte Destoa (Pastoriza)4Afluentes

Río PequenoPonte da estrada Folgoso-Seoane (Folgoso do Courel)Desembocadura no río Lor (Folgoso do Courel)1

Río de Porto CabanasNacemento (O Vicedo)Desembocadura no río Sor (O Vicedo)8

Río Porto LousadoNacemento (Begonte)Desembocadura no río Ladra (Begonte)5Afluentes

Río RatoPonte de GalegosDesembocadura no Miño4,6

Río de San FitorioNacemento (Lugo)Desembocadura no regato de Amorín (Lugo e Castro de Rei)3,5Afluentes

Río Santa Mariña, Dá ou LendoeiraNacemento (Guitiriz)Ponte da estrada N-VI (Guitiriz)11,8Afluentes

Río Sarria ou OribioPonte da Capela do Ciprés (Samos)Presa do Vizarro (Samos)0,4

Ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo, Sarria)Ponte da rúa Castelao (Sarria)0,4

Río TrabadaNacementoPonte de Santo Estevo (Trabada)Afluentes

Río TrimazPontella da Madeira (Xermade)Ponte de San Martiño (Xermade)3,1

Río UllaPonte das Quendas (Monterroso)Presa da Peneda (Monterroso)1

Río da Vara ou de Cales e rego de CabanavellaNacementos (Cervantes)500 m augas abaixo da xunta de ámbolos ríos (Cervantes)2

Rego de VilapardínPonte da estrada Becerreá-Navia (Navia de Suarna)Desembocadura no río Navia (Navia de Suarna)0,1

Río Xabarigo, Portaferreira ou da BarraNacemento (Outeiro de Rei)Desembocadura no río Ladra (Begonte)8Afluentes

Regato da XestosaNacemento (Ourol)Ponte de Requeixo (Muras e Ourol)7,5

Provincia de Ourense.

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Regato de AbeleiraNacemento (A Merca)Desembocadura no río Arnoia (Celanova)6

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Río Arenteiro

Couto do Carballiño

Presa de VeneresPonte de Arcos3,4

Río ArnoiaNacemento (Vilar de Barrio)Ponte de Prado (Vilar de Barrio)10Afluentes

Parte inferior da presa de PontefechasParte superior da presa de Monteiro1,0

Parte inferior da presa de Varela600 metros fugas abaixo

Presa do Buraco (Allariz)Presa dos Osos (Allariz)1,3

Río BarraA Fervenza (Coles e A Peroxa)Desembocadura no río Miño (Coles e A Peroxa)2,6

Río BúbalNacementoPonte da estrada N-540 (A Peroxa e Chantada) Afluentes

Regato de CaldelasNacemento en Faramontaos e Orega (Leiro e Carballeda de Avia)Desembocadura no río Avia (Leiro)7 Afluentes

Río CenzaNacemento (Manzaneda)Desembocadura da corga de Sistil Blanco (Vilariño de Conso)4 Afluentes

Río Collas ou CodiasNacemento (Castrelo do Val)Desembocadura no río Támega (Laza)8 Afluentes

Río ConsoNacemento (Chandrexa de Queixa)Desembocadura do regato de Raigosiñas9

Afluentes, incluído o regato de Raigosiñas e a súa bacía.

Regato FragosoToén (Ourense)Desembocadura no río Miño (Castrelo de Miño)9

Regato de GroilNacemento (Montederramo)Desembocadura no río Mao (Montederramo)5,5

Río MaoInicio da área recreativa do concello de MontederramoFinal da área recreativa do concello de Montederramo0,2

Nacemento (Montederramo)Ponte de Touzal (Montederramo)5 Afluentes

Río Navea-QueixaNacemento (Laza)Desembocadura do regato de Torneiros (Montederramo)14 Afluentes

Río Marañao

Couto do Carballiño

Presa de SaaDesembocadura no río Arenteiro1

Río OrillePonte en Barxiña na pista de ViveiroPonte da estrada xeral (Pontepequeno)1,0

Río PacínNacemento (Entrimo)Desembocadura (Entrimo)13,2 Afluentes

Río PugaNacemento (Barbadás)Desembocadura no río Miño (Toén)12,5 Afluentes

Regato de ReixaNacemento (Montederramo)Desembocadura en el río Mao (Montederramo)3,5 Afluentes

Río Ribeira GrandeNacemento en Montes do Invernadeiro (Vilariño de Conso)500 m augas abaixo da desembocadura no embalse de Portas (Vilariño de Conso)11,5 Afluentes

Río Ribeira PequenaNacemento en Montes do Invernadeiro (Vilariño de Conso)500 m aguas abaixo da desembocadura no embalse de Portas (Vilariño de Conso)10,4 Afluentes

Río TámegaNacemento (Laza)Desembocadura do regato de Braxón en Tamicelas (Laza)4,5Afluentes, incluído o regato de Braxón

Desembodacura do río Cabras o Cereixo na Ponte A Veiga (Laza)Ponte Pedriña (Laza)1,6

Río ViñaoIrixo, OLímite superior do couto de Boborás1,3

Río ViñasPresa situada a 1 km da desembocadura (Boborás)Desembocadura no río Viñao (Boborás)1

Río SalasPonte da estrada Requiás-Guntimil.Presa encoro de Salas

Provincia de Pontevedra.

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Río AlmofreiToma de auga da piscifactoría de Carballedo (Cotobade)Presa de Pozo Negro (Cotobade)1,2

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Río ArnegoA Frisca (Vila de Cruces e Agolada)50 m augas abaixo da Frisca (Vila de Cruces e Agolada)0,05

Río AsneiroPonte Bustelo (Lalín)Ponte da praia fluvial de Vilatuxe (Lalín e Silleda)3,5

Río BermañaNacemento (Cuntis)Ponte de Ferrín (Caldas de Reis)3,5Afluentes

Río Calvo (Deva)Nacemento (A Cañiza)Desembocadura (A Cañiza)8Afluentes

Río CastroNacemento (Cotobade)Límite superior do couto de Cerdedo (Cerdedo)11,2Afluentes

Regato de CastiñeirasNacemento (Vilaboa)Lagoa de Castiñeiras (Marín)0,25

Regato de Comesaña

Couto de Fragoso

Nacemento (Vigo)Desembocadura (Vigo)3

Regato de Santa LucíaNacemento (Lalín)Desembocadura no Deza8Afluentes

Río Curantes Ponte da estrada de Nogueira a Vilapouca (A Estrada)Desembocadura no Liñares0,3

Río DevaPresa da minicentral de Ibia (A Cañiza)Pontillón de Pedrás (A Cañiza)4,5

Río DezaPonte A Carixa (Silleda e Vila de CrucesDesembocadura do regato de Orza (Silleda e Vila de Cruces)0,35

Presa de García (Silleda e Vila de Cruces)Desembocadura no río Ulla (Silleda , Vila de Cruces e Vedra) 2

Río LagaresLugar de Navia (Vigo)Desembocadura (Vigo)1,3

Río Lérez350 m augas arriba do muíño de Redonde (Campo Lameiro)Desembocadura do Gargallóns o do Xorrón (Campo Lameiro e Cotobade)1,7

Ponte Colgante de Calvelo (Pontevedra e Cotobade)Presa da praia fluvial de Calvelo (Pontevedra e Cotobade)0,6

Río LiñaresPonte de Fouleiro (A Estrada)Río Ulla (A Estrada)6,5

Río LoiraNacemento (Marín)Ponte Neibo (Marín)2.5Afluentes

Ríos Louro e PerralPonte Novelda no Louro e Ponte do Matadoiro no PerralPonte de Valo (O Porriño) no Louro e desembocadura no caso do Perral7,7

Río ManesesNacemento (Campo Lameiro)Desembocadura (Campo Lameiro)4,5Afluentes

Arroio de Miñán (Loira)Nacemento (Marín)Carballeira do río (Marín)1

Río OitavénDesembocadura do río Parada (Fornelos de Montes)Ponte da C-251 en Porto Vilán (Fornelos de Montes)0, 4

Río ParañosNacemento (Cotobade)Almofrei (Cotobade)3,25Afluentes

Río Pequeno Nacemento (Cotobade)Desembocadura no río Almofrei (Cotobade)6

Río PequenoNacemento (Pazos de BorbénDesembocadura no río Oitavén (Soutomaior)7Afluentes

Regato de SilvestreNacemento (Marín)Desembocadura no regato de Cadrelo (Marín)1

Río Tea Depuradora de Mondariz Balneario (Mondariz-Ponteareas)250 m augas arriba da depuradora de Mondariz Balneario0,25

Río Tea

Couto de Mondariz

Ponte da Poeira, en Riofrío (Mondariz)Presa de Val (Mondariz)0,3Vedado só para salmónidos.

Río Tea

Couto de Ponteareas

Ponte da estrada N-120 (Ponteareas)150 m augas abaixo da ponte romana de Ponteareas0,25Vedado só para salmónidos.

Regato de TenorioNacemento (Cotobade)Desembocadura no río Lérez (Cotobade)5Afluentes

Río UllaPresa de Portodemouros (Vila de Cruces e Arzúa)Ponte San Xusto (Vila de Cruces e Arzúa)1,7

Desembocadura do río Vea (Teo e A Estrada)Ponte romana de Pontevea (Teo e A Estrada)1,8

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKmObs.

Ponte nova interprovincial de Ponte Lesdesma (Vila de Cruces e Boqueixón)Tosta do Muíño do Boticario (Vila de Cruces e Boqueixón)0,5

Río UmaNacemento (A Cañiza)Desembocadura (Ponteareas)16,5Afluentes nun tramo de 1 km

Río UmiaPresa de Chorreras (Caldas de Reis)Desembocadura do río Bermaña (Caldas de Reis)0,6

Río VeaLímite inferior do couto de Souto de Vea (A Estrada)Desembocadura (A Estrada)2,5

ANEXO III

Réximes especiais da provincia da Coruña

1. Prescricións especiais.

Río Feás.

Atrásase o inicio da tempada de pesca ata o día1 de maio e prohíbese a utilización de anzois con morte.

Río Tambre e afluentes.

Os salmóns liberados augas arriba do encoro de Barrié de la Maza no ano 2001, non estarán suxeitos ás especificacions relativas á pesca dos exemplares salvaxes desta especie. A súa pesca terá o mesmo réxime que se prevé para as troitas. Os pescadores que capturen algún destos exemplares, que veñen identificados cunhas pequenas marcas tatuadas por tras da aleta dorsal, deberán poñelo en coñecemento dos axentes da gardería fluvial.

Lagoa de Sobrado.

O período hábil será o comprendido entre o 24 de marzo e o 30 de xuño.

Río Tines.

No couto de Outes establécense os seguintes réximes de pesca:

Tramo en réxime xeral: desde a confluencia do río Santabaia (concellos de Outes e Mazaricos) ó remate do couto (concello de Outes), cunha lonxitude aproximada de 5,7 km. O número de canas será de 13 nos días laborables e de 28 en sábados e festivos.

Tramo de pesca sen morte: desde Ponte Sampaio (concellos de Outes e Mazaricos) ata a confluencia do río Santabaia (concellos de Outes e Mazaricos), cunha lonxitude aproximada de 0,8 km. O número de canas será de 2 en días laborables e festivos.

Non se poderá adquirir máis dun permiso por pescador e día para calquera dos tramos. Os pescadores con permiso para un dos tramos en réxime xeral, en todo caso, deberán transitar polo tramo sen morte coas canas e aparellos recollidos.

Río Ulla e afluentes.

No curso principal augas abaixo da presa de Portodemouros e no último quilómetro de tódolos afluentes que verten neste tramo, a pesca rexerase polos réximes especiais da provincia de Pontevedra, agás o río Sar.

Río Furelos.

No tramo 1 do couto de Furelos só se poderá practica-la pesca sen morte.

2. Réxime especial do cangrexo vermello americano.

Autorízase a pesca durante todo o ano no encoro de Sabón e máis nos tramos non vedados do encoro de Cecebre.

Nos vedados do encoro de Cecebre autorízase a pesca desde o 1 de xaneiro ata o 30 de abril, e desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro.

3. Réxime especial da angula ou meixón.

Autorízase a captura da angula ou meixón nas zonas de desembocadura delimitadas na Orde do 20 de xaneiro de 2000.

ANEXO IV

Réximes especiais da provincia de Lugo

1. Prescricións especiais.

Río Cabe e afluentes.

Prohíbese a pesca os xoves non festivos no couto de Monforte.

A partir do día 1 de xullo, prohíbese o cebo natural para a pesca da troita en toda a bacía.

Autorízase a pesca de ciprínidos ata o 1 de novembro desde a presa do Cubano ata a ponte vella de Canaval (concellos de Sober e Pantón), nunha lonxitude aproximada de 7,8 km.

Río Mao.

Autorízase a pesca de ciprínidos e de black-bass todo o ano, no encoro de Vilasouto (concello do Incio).

Río Eo e afluentes.

A tempada da troita comezará o 17 de marzo no tramo do couto de Vilarmide comprendido entre a pasarela da Volta da Teixeira e a presa da Treita.

Nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias, a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

A partir do día 1 de xullo, prohíbese o uso de cebo natural para a pesca da troita e do reo desde o nacemento do río ata o límite superior do couto de Vilarmide, tanto no curso principal coma en tódolos afluentes que verten neste tramo. A partir desta data, e desde o límite superior do couto de Vilarmide ata a desembocadura do río, a troita e mailo reo só se poderán pescar con mosca artificial, saltón ou grilo.

Desde a ponte da Pontenova ata a ponte do Pico (vila da Pontenova) declárase zona libre para pesca sen morte, nunha lonxitude aproximada de 0, 5 km.

Nos coutos da Pontenova, San Tirso e Abres poderá pescarse a anguía durante a temporada hábil da troita e do reo. Para a captura desta especie utilizarase unicamente aparello de liña sen anzol.

Con motivo da Festa da Troita na Pontenova, autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide (desde a presa da Treita augas abaixo), Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como na zona libre da Pontenova.

Río Ferreira.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano desde a presa do encoro de Galego ata a desembocadura no Miño, nunha lonxitude aproximada de 3,6 km.

Río Ladra.

No couto de Begonte, a partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural.

Río Landro.

Prohíbese o uso de engado natural para troita e reo entre a presa de Salto do Can (concellos de Ourol e Viveiro) e a ponte de Portachao (concello de Viveiro), nunha lonxitude aproximada de 5 km. A partir do día 1 de xuño, no mesmo tramo, prohíbese o uso da culleriña.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o engado natural para troita e reo entre a desembocadura do regato de Balsados (concello de Ourol) e a presa de Salto do Can (concellos de Ourol e Viveiro), nunha lonxitude aproximada de 3,6 km.

Río Loio.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural entre o nacemento (concellos de Sarria e Paradela) e a desembocadura no encoro de Belesar (concello de Paradela), nunha lonxitude aproximada de 20 km.

Río Lor e afluentes.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de cebo natural en toda a cunca, exceptuándose o tramo comprendido entre a ponte da estrada Monforte-Quiroga no km 503 e a desembocadura no Sil, cunha lonxitude aproximada de 6,1 km, e mailo tramo comprendido entre a ponte de Froxán e a desembocadura do regato Loureiro en Paramedela, cunha lonxitude aproximada de 5 km.

No tramo 1 do couto de Courel só se poderá practica-la modalidade de pesca sen morte.

Río Lóuzara.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o cebo natural en todo o río.

Río Masma.

A partir do 1 de xuño prohíbese o uso da culleriña, peixes artificiais e semellantes entre a ponte da Cazolga (concello de Lourenzá) e a ponte da Espiñeira (concellos de Barreiros e Foz), nunha lonxitude aproximada de 11,2 km. Desde a ponte de Cazolga ata a desembocadura, nunha lonxitude aproximada de 16 km, prohíbese o uso do cebo natural para troita e reo.

No tramo comprendido entre o pozo dos Cantos e a ponte da Espiñeira prorrógase ata o 30 de setembro a pesca de robaliza, muxo, solla e anguía con xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miga de pan.

Río Miño.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano nos seguintes tramos:

Tramo 1: desde a presa do Rei Chiquito ata a Aceña do Vilar (concello de Lugo), nunha lonxitude aproximada de 5 km.

Tramo 2: desde a ponte de Areas (concellos de Guntín e O Páramo) ata a desembocadura do río Ferreira (concellos de Guntín e Portomarín) e a liña imaxinaria perpendicular que une esa desembocadura coa marxe contraria (concello do Páramo), nunha lonxitude aproximada de 10 km.

Tramo de pesca sen morte: entre O Caneiro de Vilar e a depuradora de auga de Lugo (lonxitude 2 km).

Autorízase a pesca de ciprínidos desde o comezo da tempada da troita e ata o 1 de novembro nos tramos do encoro dos Peares incluídos no réxime especial de encoros da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Prohíbese a recollida de anguilas turbinadas no tramo comprendido entre a presa de Belesar e a ponte vella da estrada Chantada-Monforte, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km. Desde a ponte vella augas abaixo a recollida non pódera facerse pola noite.

No tramo libre sen morte, ó seu paso do río pola cidade de Lugo, alóngase a tempada de pesca ata o 31 de outubro.

Río Búbal.

Prohíbese a pesca con engado natural desde o 1 de agosto ata o final da temporada.

Río Navia e afluentes.

No tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias a cota máxima de capturas será de 12 troitas por pescador e día.

Tramo de pesca sen morte: entre a ponte de Liber e San Román (lonxitude de 2,2 km).

A partir do día 1 de xullo prohíbese o uso do engado natural en toda a bacía.

Río Neira e afluentes.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano entre a ponte de Neira e a desembocadura no río Miño, nunha lonxitude aproximada de 4 km.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural en toda a bacía, agás no tramo autorizado para a pesca de ciprínidos, no couto da Pobra, no tramo do río Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do casco urbano da vila de Sarria) e no río Tordea.

Río Sil e afluentes.

Prohíbese a pesca con engado natural desde o 1 de agosto ata o final da temporada en toda a bacía, excepto nos tramos incluidos no réxime especial de encoros.

No encoro de Santo Estevo: cámbiase o límite superior (actualmente na ponte da N-120) para as augas sometidas ó réxime especial de encoros, pola ponte vella de San Clodio (concello de Ribas de Sil). A lonxitude do tramo sometido o réxime especial de encoros pasa a ser de 42 km.

Río Bibei.

Prohíbese a pesca con engado natural desde o 1 de agosto ata o final da temporada.

2. Réxime especial de encoros e tramos autorizados durante todo o ano.

Nos encoros e tramos fluviais onde se autoriza a pesca de ciprínidos e black-bass todo o ano, ademais das normas específicas de cada masa de auga, teranse en conta as seguintes prescricións fóra da temporada hábil de salmónidos:

-Para a pesca de ciprínidos tan só se poderá empregar anzol do nº 12 como máximo e unicamente engado natural, agás miñoca.

-Para black-bass ou perca negra empregarase só engados específicos para súa pesca, vinilo e fantasía.

3. Réxime especial da anguía.

Nos caneiros autorizados nos concellos do Páramo, Portomarín, Guntín e Paradela, os períodos hábiles serán os que estableza a delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

4. Réxime especial da angula ou meixón.

Autorízase a captura da angula ou meixón nas zonas de desembocadura delimitadas na Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Estas zonas ampliánse, unicamente para a captura desta especie, ata o final do lote 9 do couto de Abres no río Eo, ata a ponte de Barral no Masma e ata a ponte vella de Fazouro no Ouro.

5. Remate da tempada de pesca nos ríos compartidos con Asturias.

O remate da tempada nos ríos compartidos con Asturias, ríos Eo e Navia, adiántase ó 18 de agosto para tódalas especies.

ANEXO V

Réximes especiais da provincia de Ourense

1. Prescricións especiais.

Prohíbese a pesca con engado natural en tódalas augas desde o día 15 de xullo ata o final da temporada hábil, agás nos encoros incluídos no réxime especial de encoros da Orde do 20 de xaneiro de 2000.

Prohíbese a pesca de salmónidos con asticot ou bicho branco durante a tempada hábil en tódalas augas.

Para a pesca de ciprínidos en tódalas augas, agás para barbo e carpa, autorízanse tan só anzois do número 14 ou máis pequeño e liña do nº 14 ou máis fina.

Río Arenteiro.

O tramo do couto do Carballiño comprendido entre a ponte de Arcos e a presa da piscifactoría da Xunta de Galicia, cunha lonxitude aproximada de 4,2 km, estará sometido ó réxime de couto de pesca intensiva.

Río Arnoia.

Tramo de pesca sen morte: desde o final do couto dos Medos ata a pasarela da piscina de Baños de Molgas.

Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos na baira do balneario de Baños de Molgas comprendida entre a ponte da estrada e a pasarela sobre a presa de dita baira (termo municipal de Baños de Molgas).

Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos no tramo comprendido entre a presa Acearrica (concello de Allariz) e a presa do Buraco (concello de Allariz), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

Nos coutos de Allariz e Celanova o período hábil finalizará o 31 de xullo.

Nos coutos de Celanova e do Carballiño son días inhábiles para a pesca tódolos luns e xoves, agás festivos. No couto de Celanova prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como cebo o asticot.

Río Cenza.

Suprímese o couto de Cenza.

Río Maceda.

Tramo de pesca sen morte: desde a presa de luz ata a desembocadura no río Arnoia (concello Baños de Molgas).

Río Mao.

Tramo de pesca sen morte: entre a Ponte de Gavín e a Ponte de Mazaira (couto de Montederramo).

No couto de Montederramo a pesca de ciprínidos con permisos específicos poderase practicar exclusivamente no tramo comprendido entre a presa do Mao e o fondo do encoro, na área recreativa de Retorta.

No encoro de Leboreiro permitese o uso de dúas canas ó parado.

Río Miño.

Desde o remate da temporada hábil ata o 30 de outubro, autorízase exclusivamente a pesca sen morte entre a presa de Velle (concello de Ourense) e pasarela da illa de Maimón (Reza-concello de Ourense), nunha lonxitude aproximada de 5,6 km. A partir do 1 de novembro, permítese a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra, desde a beira do río, no tramo comprendido entre o viaducto do ferrocarril (concello de Ourense) e a ponte novísima (concello de Ourense), nunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Río Navea-Queixa.

No tramo libre comprendido entre o regato Torneiros e a ponte de Santa Cruz (concello de Chandrexa de Queixa) a cota máxima será de 6 troitas por pescador e día.

Río Sil.

Autorízase a pesca de criprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), nunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Viñao.

No couto de Boborás prohíbese o uso do asticot como cebo para tódalas especies.

2. Réxime especial de encoros e tramos autorizados durante todo o ano

Naquelas masas de auga onde se autoriza a pesca durante todo o ano, fóra da temporada hábil, teranse en conta, ademais das normas específicas de cada masa, as seguintes prescricións:

-Para a pesca de ciprínidos, agás carpa e barbo, empregaranse tan só anzois do número 14 ou de tamaño máis pequeño e liña do 14 ou máis fina, e usando como engado o verme da carne asticot ou masillas vexetais.

-Para a pesca da carpa e barbo poderanse empregar anzois de calquera tamaño, sempre que se empregue como engado pataca, pasta de fariña, engados vexetais, así como masillas ou outras mesturas específicas para a devanditas especies.

-Para a pesca do black-bass ou perca negra empregaranse só engados específicos, vinilo e fantasía.

3. Réxime especial do cangrexo vermello americano.

Autorízase a pesca durante todo o ano nos ríos Sil e Bibei, nas canles e charcas da antiga lagoa de Antela de acceso libre, nas charcas dos Milagres (concello de Maceda), e nas charcas de Figueirido (concello de Paderne de Allariz).

ANEXO VI

Réximes especiais da provincia de Pontevedra

1. Prescricións especiais.

Río Lérez.

No couto de Monteporreiro os engados autorizados serán os mesmos que para as augas salmoneiras.

Río Loira.

O límite inferior do couto de Seixo fíxase na ponte da praia de Loira.

Río Tea e afluentes.

Amplíase o tramo de couto de pesca sen morte de Mondariz, abarcando o tramo comprendido entre a depuradora de Mondariz-Balneario (concello de Mondariz-Balneario) e a ponte da Poeira en Riofrío (concello de Mondariz), cunha lonxitude aproximada de 2,6 km. O número de canas do couto sen morte será de 8 e, no resto do couto, será de 7.

Río Ulla.

No tramo desde a ponte de Catoira á ponte da estrada N-550 en Pontecesures, nunha lonxitude aproximada de 10 km, poderase pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes.

Desde o 7 de maio ó 26 de agosto, poderase utilizar becho de mar no tramo comprendido entre a ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures para a pesca de especies propias de esteiros (robaliza, muxo, anguía, solla, etc.).

Autorízase a pesca sen morte no couto de Ximonde a partir do 5 de maio para o salmón, reo e troita con 4 permisos diarios. Cada especie poderá pescarse ata o peche da súa temporada hábil no río Ulla, e no caso do reo esta temporada prorrogarase ata o 30 de setembro.

Límites: 200 m augas abaixo do pé da presa de Ximonde á canle de Cubelas, cunha lonxitude de 0,70 km.

Río Verdugo.

Aprázase o inicio da temporada ata a data de celebración da Festa municipal da troita, dentro do couto de Ponte Caldelas, no tramo comprendido entre a ponte de Ponte Caldelas e a presa de Parada.

Unha vez rematada a devandita festa, no tramo citado expediranse permisos de pesca sen morte (3 permisos ó día), quedando o resto do acoutado con 15 permisos diarios.

O límite superior das augas habitadas por reo establécese na presa da central do Inferno.

Río Oitavén.

No couto de Eiras autorízase a pesca desde embarcación ou artefactos aboiantes sen motor no tramo encorado.

Río Miñor.

O límite inferior das augas habitadas por reo establécese na Ponte da Xunqueira (límite entre os concellos de Nigrán e Gondomar).

2. Réxime especial de encoros.

Encoro de Zamáns.

Na época hábil para salmónidos funcionará como couto troiteiro cunha cota de 5 exemplares por pescador e día.

3. Réxime especial do cangrexo vermello americano.

Autorízase a pesca durante todo o ano nos seguintes afluentes do Baixo Miño: Furnia, Hospital e Pego, en tódolos casos desde a estrada C-550 (Tui-A Guarda) ata a desembocadura no río Miño.