Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (422/2000).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia provincial de Ourense, sección segunda, certifico que nesta sección segunda se segue o rolo de apelación número 422/2000, no que se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída polos señores Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

En Ourense o 11 de decembro de 2001.

Vistos en grao de apelación ante esta sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, os autos de menor contía 590/1999, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ourense, ós que lles correspondeu o rolo 422/2000, nos que aparece como parte apelante o Concello de Ourense, representado polo procurador Julio Torres Piñeiro, e asistido polo letrado Gemma Tamargo Suárez, e como apelado Banco Simeón, S.A., representado polo procurador Jesús Marquina Fernández e asistido polo letrado Luis Castro Somoza e como apelados non comparecidos Miguel Rodríguez Fernández, Fidelina Vázquez González e Hostal Marianela e sendo maxistrado ponente Abel Carvajales Santa Eufemia.

Decido:

Desestímase o recurso de apelación interposto pola representación procesual do Concello de Ourense contra a sentencia dictada polo xulgado mixto número tres dos de Ourense, no xuízo de menor contía nº 590/1999 -rolo de apelación número 422/2000 do que a resolución se confirma integramente. Imponse as custas do recurso á parte apelante.

Ó se notificar esta resolución ás partes fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia. Fernando Alañón Olmedo. Juan Manuel de los Ríos Sánchez. Rubricados.

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación á enti

dade demandada Hostal Marianela, ausente en paradoiro ignorado, expido e asino esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública, en Ourense o 11 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BECERREÁ