Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (138/1998).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá (Lugo), fai saber que nos autos que a seguir se dirán se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. Dada en Becerreá (Lugo), no 18 de decembro de 2001. Vistos por min, Ulpiano González López, xuíz único de primeira instancia e instrucción de Becerreá (Lugo), os autos de xuízo de cognición número 138/1998, sobre acción negatoria de serventía por instancia de José María Rodríguez López (no su propio nome e no da comunidade hereditaria de que forma parte), representado polo procurador Jacobo Varela Puga e asistido polo letrado Manuel Cela Iglesias; contra Antonio Folgueiras Rodríguez, representado polo procurador Enrique Villaverde Fernández e asistido polo letrado (ilexible); Felicidad Quiroga López, en rebeldía; José López Moreira, representado polo procurador Enrique Villaverde Fernández e asistido polo letrado (ilexible); Carmen Fernández Pérez, en rebeldía; Jesús López Moreira, en rebeldía; Mercedes López Moreira, en rebeldía; Sara López Moreira, en rebeldía, e Carmen López Moreira, en rebeldía, ó que seguen acumulados os autos de xuízo de cognición 178/1999, sobre

declaración de serventía, por instancia de Antonio Folgueiras Rodríguez e José López Moreira, representado polo procurador Enrique Villaverde Fernández e asistido polo letrado (ilexible) contra José María Rodríguez López, representado polo procurador Jacobo Varela Puga e asistido polo letrado Manuel Cela Iglesias; Concepción Rodríguez López, en rebeldía; Francisco e María Teresa Rodríguez López, ambos en rebeldía; Josefa Rodríguez López, en rebeldía, e herdeiros de Orcesino, Otilia e Manuel Rodríguez López, todos en rebeldía, e autos de xuízo de cognición nº 106/2000, sobre acción negatoria de serventía, por instancia de José María Rodríguez López (no seu propio nome e da comunidade hereditaria de que forma parte), representado polo procurador Jacobo Varela Puga e asistido polo letrado Manuel Cela Iglesias, contra Antonio Folgueiras Rodríguez, representado polo procurador Enrique Villaverde Fernández e asistido polo letrado (ilexible); Felicidad Quiroga López, en rebeldía; José López

Moreira e o seu cónxuxe, Carmen Fernández Pérez, representados polo procurador Enrique Villaverde Fernández, e asistido polo letrado (ilexible), Jesús López Moreira, en rebeldía; Mercedes López Moreira, en rebeldía; Sara López Moreira, en rebeldía, e Carmen López Moreira, en rebeldía.

Decido: desestima-las demandas interpostas por José María Rodríguez López, representado polo procurador Jacobo Varela Puga, e estima-la demanda interposta por Antonio Folgueiras Rodríguez e José López Moreira (no seu propio nome e en beneficio da comunidade pola que actúan), representados polo procurador Enrique Villaverde Fernández, declarando que o camiño existente entre os puntos do 1 ó 10 do esbozo do Sr. Reigosa (en f. 54) é unha serventía pertencente ós colindantes con ela, excepto a quen o sexa da leira sinalada como P no esbozo, as estremas da cal se sinalan no fundamento quinto; e condeo a José María Rodríguez López, representado polo procurador Jacobo Varela Puga, Concepción Rodríguez López, en rebeldía; Francisco e María Teresa Rodríguez López, ambos en rebeldía, Josefa Rodríguez López, en rebeldía, e herdeiros de Orcesino, Otilia e Manuel Rodríguez López, todos en rebeldía, a recoñecérono así e a deixaren libre e expedito o dito camiño, coa largura que se determinará en

execución de sentencia segundo as bases de tal fundamento quinto. Todo o anterior impondo as custas a José María Rodríguez López, representado polo procurador Jacobo Varela Puga. Así o acordo e asino. Contra esta resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, que se deberá preparar, se for o caso, no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación neste xulgado.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, expido e asino este edicto en Becerreá o 19 de decembo de 2001.

O xuíz

Rubricado