Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.618

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de febreiro de 2002 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Industria e Comercio.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde a Consellería de Industria e Comercio crea os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Industria e Comercio, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Será responsable da seguridade dos ficheiros a Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

1. Sistema de arbitraxe de consumo (SAR).

-Finalidade.

Xestiona-las reclamacións pola vía da arbitraxe de consumo.

-Usos previstos.

Tramitación dos procedementos en materia de arbitraxe.

-Procedemento de recollida de datos.

Reclamacións e actas de inspección.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: Nome, DNI, enderezo e teléfono.

* Datos do procedemento: laudos arbitrais.

-Cesións previstas.

Instituto Nacional de Consumo, con fins estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio, Instituto Galego de Consumo.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Instituto Galego de Consumo.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

2. Sistema automatizado de consumo (SACO).

-Finalidade.

Xestión das reclamacións, expedientes de actuacións, sancións administrativas na área de información ó consumidor.

-Usos previstos.

Xestión, consultas e elaboración de informes, tanto estatísticos como de xestión.

-Procedemento de recollida de datos.

Follas de reclamacións, actas de inspección e consultas telefónicas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: Nome, DNI, enderezo e teléfono.

* Datos do procedemento sancionador: tipo de infracción, contía das sancións.

-Cesións previstas.

Instituto Nacional de Consumo, con fins estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio, Instituto Galego de Consumo.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Instituto Galego de Consumo.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

3. Rexistro de establecementos industriais de Galicia (SRI).

-Finalidade.

Dispoñer de información das instalacións industriais, empresas e organismos de control, para promocionar, modernizar e mellorar a competividades das empresas.

-Usos previstos.

Estatísticos e definición da política de actuación en materia industrial.

Control da seguridade industrial.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono.

* Datos do establecemento: número de empregados, potencia instalada, instalacións e productos utilizados.

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

4. Autorización ou modificación de instalacións radioactivas de 2ª e 3ª categoría.

-Finalidade.

Inscrición no rexistro de autorizacións e modificacións de instalacións radioactivas de 2ª e 3ª categoría.

-Usos previstos.

Supervisión e control das instalacións radioactivas de 2ª e 3ª categoría.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

Rexistros:

* Data primeira autorización.

* Clausura (si/non). Data.

* Presentación memoria anual (si/non).

* Categoría.

* Referencia CSN (ira-nº/ano).

* Referencia (ir/c.lu.ou.po-nº/ano).

* Titular.

* Finalidade da instalación.

* Enderezo, localidade.

* Teléfono, fax.

* Datas das sucesivas modificacións.

* Referencia Consello Seguridade Nuclear.

* Observacións.

* Data presentación ultima memoria anual.

-Cesiones previstas.

Ministerio de Economía e Consello de Seguridade Nuclear.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

5. Autorización de empresas de venda e asistencia técnica de equipos de raios X.

-Finalidade.

Inscrición no rexistro de empresas de venda e asistencia técnica de equipos de raios X médicos e de radiodiagnóstico veterinario.

-Usos previstos.

Supervisión e control das empresas rexistradas para tal fin na comunidade autónoma e mante-lo rexistro concorde ó do Ministerio de Economía.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

Rexistros:

* Referencia (v/vat/at-nº).

* Data de alta.

* Nome do titular ou propietario da clínica.

* Enderezo.

* Localidade.

* Número de equipos instalados.

* Documentación técnica dos equipos (modelo, serie, intensidade e voltaxe).

* Nº Rexistro Ministerio de Economía RXM-vat-nº.

-Cesións previstas.

Ministerio de Economía e Consello de Seguridade Nuclear.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

6. Rexistro de vehículos históricos.

-Finalidade.

Inscrición no rexistro de vehículos históricos de Galicia.

-Usos previstos.

Estatísticos.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias ou solicitudes normalizadas, xunto coa documentación xustificativa.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nº de expediente, data e nº de rexistro da resolución e da solicitude, nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono de solicitante e propietario (se son diferentes).

* Datos do vehículo: marca, modelo, nº de chasis, matrícula, ano de fabricación, laboratorio, data e identificación do dictame do laboratorio, club de vehículos históricos, data do seu certificado, limitacións/exencións.

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

7. Rexistro de dereitos mineiros.

-Finalidade.

Rexistro dos dereitos mineiros da comunidade autónoma. Establece preferencias para o aproveitamento dos recursos minerais.

-Usos previstos.

Estatísticos e de rexistro.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias coa presentación do proxecto.

-Estructura básica.

Libro rexistro. Base de datos.

-Tipos de datos.

* Número do dereito.

* Tipo de dereito.

* Nome do dereito.

* Data da solicitude.

* Titularidade:

* Nome da empresa.

* Enderezo.

* Recurso para o que se solicitou.

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Delegacións provinciais de la Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Medio.

8. Rexistro de directores facultativos de actividades mineiras.

-Finalidade.

Rexistro dos profesionais que realizan funcións de dirección facultativa en actividades mineiras. Seguimento das súas actuacións ó abeiro do Real decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira, dereitos mineiros da comunidade autónoma. Establece preferencias para o aproveitamento dos recursos minerais.

-Usos previstos.

De rexistro e seguimento.

-Procedemento de recollida de datos.

Solicitude dos interesados.

-Estructura básica.

Libro rexistro. Base de datos.

-Tipos de datos.

* Do técnico:

* Nome.

* Titulación.

* Residencia.

* Da actividade mineira:

* Nome.

-Cesiones previstas.

Delegacións provinciais das consellerías competentes en minería.

Ministerio de Economía.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio. Delegacións provinciais.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Seccións de minas das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

9. Rexistro de talleres de vehículos automóbiles.

-Finalidade.

Inscrición no rexistro de talleres de vehículos automóbiles.

-Usos previstos.

Estatísticos e supervisión e control dos talleres de vehículos automóbiles.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: Nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI.

* Datos do establecemento: especialidade/s, número de empregados.

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan no ficheiro.

Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

10. Rexistro de autorizacións industriais.

-Finalidade.

Rexistro de autorizacións de productos industriais.

-Usos previstos.

Estatísticos.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas, listas de aprobados.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI.

* Datos do establecemento: número de empregados acreditados e tipo de acreditación, póliza de seguros.

* Datos do producto: tipo do producto, modelo, nº do Rexistro de Control Metrolóxico, ensaios presentados (feitos en laboratorios acreditados/organismos de control).

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

11. Rexistro de expedición de carnés profesionais.

-Finalidade.

Rexistro das expedicións de carnés profesionais.

-Usos previstos.

Estatísticos.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono, titulación.

* Datos do carné: tipo de carné, data de expedición, última data de renovación, data de baixa, delegación expedidora, delegación(s) á(s) que estea asociado, empresa á que está asociado (nome ou razón social, DNI ou CIF, enderezo e teléfono, NRI).

-Cesións previstas.

Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, organismos oficiais estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

12. Rexistro de empresas de venda a distancia.

-Finalidade.

Inscribir empresas de venda a distancia da Comunidade Autónoma.

-Usos previstos.

Elaborar estatísticas e informes e expedir certificaciones e números de identificación.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: Nome, DNI, enderezo e teléfono, titulación.

* Datos da empresas: memoria explicativa da actividade).

-Cesións previstas.

Dirección Xeral de Política Comercial (Ministerio de Economía) e organismos oficias estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

-Nivel de seguridade.

Baixo.

13. Rexistro de franquiciadores.

-Finalidade.

Rexistro das empresas de franquicia da Comunidade Autónoma.

-Usos previstos.

Inscribir empresas, expedir certificacións, elaborar estatísticas e proporcionarlles ás CC.AA. e interesados, información de carácter público relativa ós franquiciadores.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nome, DNI, enderezo e teléfono, tipo de franquicia. Descrición do negocio obxecto da franquicia con indicación do número de establecemento cos que conta aquela, denominación dos dereitos de propiedade intelectual.

-Cesións previstas.

Dirección Xeral de Política Comercial (Ministerio de Economía), comunidades autónomas e organismos oficias estatísticos.

-Órganos da administración responsables do ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

-Servicio ou unidade ante a que se pode exerce-lo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

-Nivel de seguridade.

Baixa.

14. Rexistro de comerciantes ambulantes de Galicia.

-Finalidade.

Rexistro de tódalas persoas, físicas ou xurídicas, que exerzan habitualmente como propia a actividade de comercio ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Usos previstos.

Estatísticos, informativos e de ordenación da venda ambulante.

-Procedemento de recollida de datos.

Instancias normalizadas.

-Estructura básica.

Base de datos.

-Tipos de datos.

* De carácter identificativo: nome ou razón social, DNI/CIF e enderezo.

* Datos do procedemento: número de rexistro, datas de inscrición no rexistro e de expedición da tarxeta acreditativa, ámbito de actuación, modalidade de venda, epígrafe fiscal e tipo de productos obxecto de venda.

-Cesións previstas.

Ministerio competente en materia de comercio, concellos e cámaras oficiais de comercio de Galicia e organismos oficias de estatística.