Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-162/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 4 de decembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-162/2001.

Denunciado: Balbino Navia Cabieiro.

DNI: 33741730-V.

Enderezo: r/ Maqueda, nº 63-4º D. Madrid.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial, en día inhábil (luns non festivo), sin estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados el día 16-7-2001, ás 19.40 h no río Miño. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 360,61 euros.

Indemnización para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.