Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 12 de febreiro de 2002 Páx. 1.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-130/2001 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997,

do 30 de decembro, Diario Oficial de Galicia 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

Lugo, 19 de decembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-130/2001.

Denunciado: José Manuel Araújo Bautista.

DNI: 34.941.449-X.

Enderezo: r/ Lagunas de Miño, nº 3-3º, Ourense. C.P.: 32004.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo).

Feitos constatados o día 2-5-2001, ás 17.15 horas no río Miño, encoro de Belesar. Sabadelle. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.