A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Canteras Hermanos Esvaz, S.L., con domicilio en Arcos, Baceira, 30, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 25-6-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Zade de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2967, da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
VérticesLonxitudeLatitude
18º 21' 20''42º 26' 40''
28º 21' 00''42º 26' 40''
38º 21' 00''42º 25' 40''
48º 21' 20''42º 25' 40''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.
Pontevedra, 16 de xaneiro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL

