De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente en data 27-11-2001, por infracción ó Regulamento de epizootias, regulado no Decreto do 4-2-1955.
Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 2002.
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: AG-SA-139/2001-PO.
Denunciado: José Bonet Renda.
Último enderezo coñecido: avda. da Torre, nº 6-2º, A Estrada (Pontevedra).
Feito denunciado: falta de identificación das ovellas.
Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 11 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro.
Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.
Sanción: 35.000 pesetas.

