Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.112

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 47/2002, do 22 de febreiro, polo que se dispón que cese como directora xeral de Xustiza María Reyes Carabel Pedreira.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, María Reyes Carabel Pedreira como directora xeral de Xustiza, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS