En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta
de Galicia na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous,
Nomeo a Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza.
Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais