1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.
Número de expediente: 11/01 DXPI.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: realización do desenvolvemento e seguimento do programa naval da Consellería de Industria e Comercio, para o cal o adxudicatario deberá realizar un labor de asesoramento integral en todo o referente ó sector naval a través da presentación de diferentes traballos, estudios e informes.
Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o 10 de decembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento:aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 96.161,94 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: exento.
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 54 48.
Fax: 981 54 49 49.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
7.- Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira de conformidade co arti
go 16.1º a) ou c) do TRLCAP, mediante un informe das institucións financeiras, ou mediante unha declaración relativa á cifra de negocios global dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) ou b) do citado texto refundido, mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato ou mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.
Lugar de presentación:
Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.
Admisión de variantes: (concurso): non se admite.
8. Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.
Hora: dez horas.
9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio

