Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-195/2001P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoas que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas

infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 23 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 195/2001P.

Denunciado: Manuel Fernando Rodrigues Jorge.

DNI: X-2774211-G.

Último enderezo coñecido: rúa Mimosas, 10-2º, Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia; pescar en luns, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º e artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Instructora: Míriam Areal López.