Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

ORDE do 15 de febreiro de 2002 pola que se regulan os programas de axuda á cooperación ó desenvolvemento que se realizarán no 2002 pola Xunta de Galicia en colaboración coas Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento (ONGD).

As políticas de cooperación ó desenvolvemento humano orientadas a unha real superación da pobreza precisan de iniciativas universais de promoción da solidariedade.

Á cooperación internacional propia dos distintos gobernos nacionais únese tamén a vontade de cooperación que xorde de forma descentralizada nas comunidades autónomas e noutras administracións territoriais, así como en institucións ou axentes sociais e económicos diversos que senten como un deber ético común o compromiso de traballar pola mellora das condicións de vida dos pobos máis necesitados da comunidade internacional.

A política de cooperación ó desenvolvemento que realiza a nosa Comunidade Autónoma experimenta unha evolución positiva nos últimos anos, tanto no relativo a medios e instrumentos financeiros como á extensión da cobertura xeográfica que abarca, prestándose unha especial atención á cooperación que se realiza cos países latinoamericanos.

As peculiaridades positivas deste fenómeno non se limitan ós aspectos cualitativos e cuantitativos da cooperación, senón que afectan as diversas formas de organización ou xestión que utilizan as comunidades autónomas e administracións locais incorporando caracteres xenuínos, aínda que sempre tratando de adecuarse ós principios e obxectivos xerais da cooperación española e internacional.

En Galicia asígnanse recursos para campañas e actividades de sensibilización e educación para o desenvolvemento que promovan o valor universal da solidariedade por parte de todos. Canalízanse axudas a través de convenios con outros organismos ou entidades para actuacións directas. Apóianse os proxectos de cooperación que xestionan as ONGD e contribúese á dotación de fondos municipais que tratan de coordinar eficientemente as súas achegas. Finalmente, tamén se incide no marco da cooperación a través doutros instrumentos e axentes máis específicos de cada comunidade; como ocorre no caso de Galicia coas posibilidades de cooperación que ofrece a presencia das nosas comunidades galegas en moitos dos nosos países irmáns e a incidencia dos distintos programas de apoio social que estas realizan en colaboración directa coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha das liñas de actuación máis consolidadas no ámbito da cooperación descentralizada é a de axuda canalizada a través de proxectos e actuacións

das ONGD españolas e das súas contrapartes no exterior.

As ONGD cooperan coa administración pública atendendo ós principios de eficacia e sinerxia das actuacións, respectando o código de conducta propio deste tipo de organizacións non gobernamentais. En concreto, prestan unha positiva asistencia á Xunta de Galicia mediante a súa participación en órganos de asesoramento e en comisións técnicas de avaliación e apoian, informan e asesoran a outros axentes da cooperación en cantas accións son realizadas desde a Comunidade Autónoma de Galicia.

Finalmente parece oportuno continuar promovendo, en colaboración coas ONGD, o interese pola cooperación ó desenvolvemento do terceiro mundo na sociedade civil galega, na que se percibe nos últimos anos un impulso importante dos valores da cooperación e a solidariedade internacional.

O Decreto 403/2001, do 28 de decembro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, establece como función encomendada á Dirección Xeral de Cooperación Exterior, centro directivo dependente desta consellería, a tramitación das subvencións ós proxectos de cooperación ó desenvolvemento presentados polas ONGD.

Procede, por tanto, establecer, coas adecuadas garantías de publicidade, concorrencia e obxectividade, as bases que regulen o réxime de concesión de subvencións que, con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o 2002, sexan destinadas á cooperación ó desenvolvemento a través de proxectos canalizados polas ONGD establecidas en Galicia.

En atención a estes principios e obxectivos e para procura-la normalización e simplificación dos procedementos,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula-las axudas a programas promovidos por Organizacións Non Gobernamentais de Cooperación ó Desenvolvemento (ONGD), para a execución de proxectos de desenvolvemento no exterior así como a realización de actividades formativas e de sensibilización para a cooperación ó desenvolvemento.

Artigo 2ª.-Requisitos das entidades solicitantes.

1. Para ter acceso ás axudas a entidade solicitante deberá cumpri-los seguintes requisitos:

a) Estar inscrita no Rexistro Galego de Organizacións Non Gobernamentais de Cooperación ó Desenvolvemento creado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de abril de 1994, cun ano de antelación, polo menos, respecto

á data en que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Dispoñer de sede central ou de delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por varias ONGD que cumprindo os requisitos anteriores se presenten asociadas en consorcio.

Capítulo II

Axudas a proxectos de cooperación ó desenvolvemento no exterior

Artigo 3º.-Obxectivos e fins dos programas.

Serán subvencionables aqueles programas que tivesen como obxectivos, entre outros de natureza análoga, os seguintes:

a) O apoio ás poboacións máis desfavorecidas dos países menos desenvolvidos para que poidan satisfacer, por si mesmas, as súas necesidades básicas mediante a explotación rendible do seus propios recursos naturais, técnicos e humanos, incrementando a súa capacidade de desenvolvemento endóxeno.

b) O desenvolvemento integral e sostido das poboacións da zona na que se materialice a axuda.

c) A promoción de melloras da producción, con especial atención ó desenvolvemento de cooperativas de producción e de servicios, tanto no ámbito agropecuario como no pesqueiro ou urbano.

d) A defensa da propia cultura e o respecto da idiosincrasia das comunidades beneficiarias, do seu idioma, relixión e medio.

Artigo 4º.-Requisitos dos proxectos.

1. Para ter acceso ás axudas os proxectos presentados deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Que sexan cofinanciados, polo menos nun 10%, con recursos alleos á axuda solicitada.

b) Que se trate de incentiva-la realización de novas accións.

c) Que teñan unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas dos sectores de poboación das zonas máis desfavorecidas de países en vías de desenvolvemento.

d) Que conten coa participación dos beneficiarios nas distintas fases do proxecto: concepción, realización, xestión e funcionamento posterior á actuación subvencionada.

e) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos.

f) Que o proxecto se axeite tanto á realidade como á capacidade de xestión da ONGD e da súa contraparte, co fin de asegura-la súa viabilidade.

g) Que o proxecto sexa viable e sustentable, de forma que as súas repercusións continúen cando cesen as axudas da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Que as accións non teñan como obxectivo único o financiamento de servicios públicos de saúde, a educación regrada, a investigación oficial e os seminarios e viaxes de estudios, agás razóns excepcionais.

2. Quedan excluídas de financiamento as actividades que na data de solicitude de subvención estean xa finalizadas.

Artigo 5º.-Accións prioritarias.

Considéranse de atención prioritaria as accións que se atopen dentro dos seguintes supostos:

a) Que sexan emprendidas por ONGD asociadas en consorcios, compartindo responsabilidades e medios para acadar unha maior eficacia e sinerxía do movemento non gobernamental de Galicia.

b) Que se trate de proxectos de desenvolvemento implementados naqueles países cun índice de desenvolvemento humano medio e baixo, valorándose especialmente as actuacións que se desenvolvan en países de Iberoamérica, en atención ós estreitos vínculos históricos e culturais que os unen a Galicia.

c) Que estean enfocadas ó desenvolvemento humano en tódolos seus ámbitos e, en especial:

-As que se dirixan a colectivos máis vulnerables como persoas anciás ou poboación infantil.

-As que promulguen a defensa, promoción e divulgación dos dereitos humanos, en especial a igualdade entre o home e a muller.

-As que se dirixan á poboación rural de zonas máis deprimidas.

-As que promovan as actividades de producción e comercialización de grupos humanos organizados.

d) Que no seu financiamento conste unha importante achega de medios privados á marxe da cantidade financiada, incluídos os fondos propios da ONGD solicitante como mostra da súa capacidade e autonomía.

Artigo 6º.-Criterios de avaliación.

Serán obxecto de valoración nos proxectos presentados:

a) A base social, experiencia en accións de cooperación ó desenvolvemento, capacidade e solvencia da entidade solicitante.

b) A coherencia entre obxectivos, actividades e resultados previstos.

c) A viabilidade e sustentabilidade técnica e económica do proxecto.

d) O colectivo de persoas beneficiadas pola actuación e a súa participación no proxecto.

Artigo 7º.-Contía das axudas.

1. A contía máxima da subvención que se conceda para cada proxecto non superará, en ningún caso, o límite do 90% do orzamento total e ata un máximo de 120.200 euros.

2. A parte do financiamento que se solicite como subvención a outras institucións terá que estar confirmada no momento no que se comunique a subvención concedida. De no ser así, a ONGD terá que comprometerse a suplila con fondos propios ou con outro tipo de financiamento achegado por terceiros ou ben renunciar á subvención concedida.

Artigo 8º.-Gastos subvencionables.

1. Serán gastos subvencionables os custos directos e os custos indirectos dos proxectos.

2. Entenderanse por custos directos as partidas que, figurando no orzamento económico da actuación, estean destinadas a lles facer fronte ós seguintes gastos:

a) Os de análise e desenvolvemento técnico do proxecto, considerándose como tales os custos dos estudios realizados, dentro dos 12 meses anteriores á data de solicitude, por profesionais externos ou membros da ONGD para a identificación e elaboración do anteproxecto técnico e económico da acción. O importe máximo imputable por este concepto non poderá exceder do 5% do importe total do proxecto.

b) Os de adquisición de materiais e subministracións para a construcción de infraestructuras, así como os demais custos directos asociados que poidan ser considerados como integrantes do proxecto presentado.

c) Os de compra, transporte e mantemento de equipos e maquinaria incluídos os de traslado dos técnicos que a empresa provedora necesite desprazar para o seu adestramento e posta en marcha.

d) Os de persoal, entre os que se incluirán os dos beneficiarios que participen directamente na execución do proxecto e os daqueles técnicos a que se refire o parágrafo anterior.

e) Os do persoal expatriado, neste caso deberá estar suficientemente xustificada e motivada a súa presencia na zona de actuación. O importe máximo aplicable por este concepto non poderá supera-lo 10% da subvención aprobada. Quedan excluídos os gastos do persoal vinculado ó seguimento e avaliación do proxecto.

f) Os de funcionamento necesarios para a realización da acción na localidade que corresponda, cando sexan xustificados, quedando excluídos os gastos de funcionamento propios da organización local asociada que non sexan directamente imputables á execución do proxecto.

g) As achegas en especie relativas a infraestructuras locais, equipos, materiais, subministracións ou persoal necesarias para o proxecto e que poidan ser

identificadas e xustificadas documentalmente achegando os correspondentes certificados, escrituras, facturas pro forma, etcétera.

3. Considéranse custos indirectos as partidas que figuren no orzamento para cubrir gastos da organización solicitante asociados á administración, xestión, supervisión, difusión e sensibilización social da acción e non poderán exceder do 10% dos custos directos do proxecto.

Capítulo III

Axudas para actividades formativas e de difusión

Artigo 9º.-Obxectivos e fins do programa.

O presente programa ten por obxecto establece-las bases que rexerán a concesión de axudas á realización de actividades formativas dirixidas ós colectivos sociais directamente relacionados ou interesados na cooperación para o desenvolvemento e a realización de actividades de sensibilización destinadas á poboación en xeral, que incidan na toma de conciencia da sociedade galega sobre a situación dos países máis desfavorecidos.

Artigo 10º.-Requisitos do programa.

1. As actividades formativas para as que se soliciten as axudas previstas neste programa terán que cumpri-los seguintes requisitos:

a) Que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que a súa dirección, coordinación e control sexan exercidos directamente pola entidade solicitante.

c) Que a oferta de formación se dirixa a colectivos directamente relacionados coa cooperación ó desenvolvemento e, en especial, que pretendan a mellora da capacidade técnica de voluntarios interesados na execución das actividades e proxectos de cooperación propios da actuación das ONGD.

Quedarán excluídas de toda axuda as actuacións formativas dirixidas exclusivamente a membros da propia organización.

2. As campañas de educación e sensibilización ó desenvolvemento dirixiranse á poboación en xeral e realizaranse a través dos distintos medios de comunicación e difusión. Son de particular interese as dirixidas a escolares que poderán consistir, entre outras actividades de natureza análoga, na realización de cursos, conferencias, seminarios, campañas informativas e de divulgación, exposicións, etc.

Artigo 11º.-Criterios de avaliación.

1. Nos proxectos formativos terase en conta principalmente:

a) Carácter técnico do equipo formador e do programa que se vaia impartir así como o seu contido teórico e práctico.

b) O ámbito interdisciplinar dos coñecementos que se impartirán.

c) O pagamento de matrícula ou dereitos de formación que terán que achega-los participantes e previsión, se é o caso, de bolsas de participación por parte da organización.

2. Para todo tipo de actuacións tanto formativas como de difusión valorarase especialmente:

a) O número de persoas ás que se dirixe a actividade e a incidencia prevista da acción para a promoción xeral da solidariedade e cooperación ó desenvolvemento.

b) A experiencia dos actores do proxecto.

c) Os proxectos presentados por dúas ou máis ONGD asociadas en consorcio.

Artigo 12º.-Contía das axudas.

O importe da subvención para cada programa formativo ou de sensibilización non excederá do 90% do orzamento total do programa.

Artigo 13º.-Gastos subvencionables.

Consideraranse gastos subvencionables, entre outros, os seguintes:

a) Gastos de locais para imparti-la formación, incluídos os de subministración.

b) Axudas de custo e gastos de desprazamento do profesorado e, cando resulte imprescindible, as remuneracións a conferenciantes, monitores ou profesores percibidas exclusivamente por razón da súa intervención técnica na actividade cofinanciada.

c) Gastos de publicidade da convocatoria da actividade.

d) Gastos propios da actividade formativa ou de sensibilización.

e) Outros gastos que figuren no orzamento da entidade solicitante asociados á administración, xestión, supervisión, difusión e sensibilización social da acción, non podendo exceder estes do 10% do importe total do proxecto.

Capítulo IV

Disposicións comúns

Procedemento

Artigo 14º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se atopan os rexistros dos concellos que teñan subscritos convenios de

colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de abril de 2002.

Artigo 15º.-Solicitudes e documentación.

As solicitudes presentaranse no modelo oficial que figura como anexo I desta orde para os programas de cooperación ó desenvolvemento no exterior e como anexo II para o suposto de actividades formativas e de sensibilización, debendo ir acompañadas da documentación que a continuación se sinala para cada tipo de programa por triplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada.

A) Documentación para os programas de cooperación ó desenvolvemento exterior.

1. Memoria do proxecto de actuación na que deberá facerse constar:

-Finalidade e descrición do proxecto indicando claramente os obxectivos da acción, actividades e estratexias concretas para acadalos.

-Localización xeográfica do proxecto e sector de cooperación afectado.

-Identificación precisa dos beneficiarios e criterio para a súa selección.

-Información socioeconómica axeitada e actualizada sobre a situación existente no contexto local no que se prevé actuar.

-Calendario detallado de actuacións onde figuren expresamente as datas de comezo e finalización da actuación.

-Medios persoais e materiais que se utilizarán para a execución da actuación proxectada.

-Identificación de mecanismos de viabilidade da acción para que o seu impacto continúe despois do cofinanciamento.

2. Memoria sobre o socio local ou contraparte, na que conste:

-Medios humanos e materiais que achegará ó proxecto.

-Breve informe doutros proxectos nos que participase.

-Formalización legal da contraparte no seu país, se a houbese.

3. Compromiso de cesión dos bens mobles e inmobles que resulten da execución do proxecto ós beneficiarios ou ó socio local cando finalice a acción, con especificación del.

4. Plan de financiamento, que conterá:

-Descrición de todos e cada un dos recursos con que se conta para a realización da actuación cofi

nanciada, incluídas tódalas axudas solicitadas para a execución do proxecto.

-Orzamento detallado dos gastos.

5. En canto ó persoal expatriado que participe no proxecto, nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social.

B) Documentación para os programas formativos ou de difusión.

1. No caso do programa formativo, memoria descritiva na que se deberá facer constar:

-Relación de profesionais encargados de imparti-la disciplina ou as disciplinas que configuren o proxecto de formación así como titulación destes.

-Número de perceptores ou destinatarios da formación.

-Importe da matrícula ou dos dereitos de formación que se van satisfacer, se os houbese, e previsión de bolsas de participación.

-Data prevista para a iniciación da actividade programada así como calendario preciso da súa execución con indicación do horario lectivo.

2. No suposto de actividades de sensibilización unha memoria descritiva da actividade que se vai desenvolver na que se detallarán os obxectivos, actividades, calendario de actuacións e colectivos sobre os que se prevé incidir.

3. En ámbolos dous programas deberá presentarse un plan de financiamento, podéndose presentar calquera outra información complementaria que se estime de interese para facilitar unha mellor compresión e avaliación do programa.

C) Documentación común a ámbolos dous programas.

1. Memoria de actividades desenvolvidas pola ONGD solicitante na Comunidade Autónoma de Galicia, que será obxecto de especial valoración. Nela deberá consta-lo último balance de operacións, as distintas fontes de financiamento e o número de socios da ONGD na actualidade.

2. Cando varias ONGD se asocien en consorcio para a realización dun proxecto, a organización solicitante deberá presenta-lo acordo de colaboración asinado entre elas. Este acordo deberá detalla-las actuacións nas que colaboran conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ó financiamento do mesmo, actividades que se van desenvolver e a distribución da subvención prevista, se é o caso.

3. Os solicitantes anexarán calquera outra documentación de soporte técnico que demande a natu

reza do proxecto para facilita-la súa comprensión e valoración, tales como mapas, planos, fotos, certificados, convenios, escrituras, estudios, cálculos de rendibilidade, regulamentos, etc.

Artigo 16º.-Resolución.

1. A resolución de concesión de axudas corresponde ó conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior.

O prazo máximo para notifica-la resolución será de seis meses a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG. Transcorrido o devandito prazo sen que se notificase resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

A devandita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Para o caso de resolución presunta por silencio administrativo, os ditos prazos serán de tres meses para o recurso de reposición potestativo, é seis meses para o rercurso contencioso-administrativo, a contar, en ámbolos dous casos, desde ó día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2. Para unha mellor valoración deles poderán solicitarse previamente á resolución os informes técnicos que se estimen oportunos ben á Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento, ben a expertos independentes. Estes informes non terán carácter vinculante.

A Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento estará integrada polo director xeral de Cooperación Exterior, ou persoa na que delegue que a preside; dous vocais nomeados por este actuando un deles como secretario, e cinco vocais nomeados pola Coordinadora Galega de ONGD.

Artigo 17º.-Compromiso de cofinanciamento.

Unha vez notificada a concesión da axuda e no caso de non terse concedida a totalidade da contía solicitada, a ONGD deberá presentar, nun prazo máximo de 15 días, declaración por escrito de aceptación da axuda na que conste o seu compromiso

de achegar, directamente ou por financiamento de terceiros, a diferencia entre o custo total do proxecto e a subvención finalmente concedida. Igualmente deberán confirmar, se é o caso, que as subvencións solicitadas a outras institucións xa foran concedidas, ou ben que a ONGD se compromete a financia-las cantidades adicionais que correspondan. De non ser así, a ONGD beneficiaria poderá, dentro do mesmo prazo de 15 días, renunciar á axuda ou sempre que tecnicamente fora posible e sen que se altere substancialmente o proxecto aprobado, presentar unha reformulación económica del que será obxecto dunha nova valoración.

Nos casos de renuncia á subvención ou revogación da axuda por falta de compromiso de cofinanciamento o importe dela poderá destinarse a incrementa-la axuda inicialmente concedida a outros proxectos ou ben a subvenciona-los que, reunindo os requisitos da orde, e inicialmente desestimados, foran mellor cualificados.

Artigo 18º.-Seguimento dos programas.

1. As entidades beneficiarias de axudas deberán informar inmediatamente a Dirección Xeral de Cooperación Exterior sobre calquera eventualidade que altere ou dificulte gravemente o desenvolvemento do proxecto subvencionado.

2. No caso de proxectos de cooperación ó desenvolvemento necesitarase autorización previa e expresa para calquera modificación substancial do proxecto, entendendo por tal aquela que afecte os seus obxectivos, beneficiarios, lugar de execución, prazo de execución cando a dita variación sexa de tres meses; variación do custo total do proxecto ou diferencias de ata un 20% entre partidas en relación ó orzamento presentado.

As solicitudes de modificacións substanciais do proxecto deberán, mediante escrito suficientemente motivado e con carácter inmediato á aparición das circunstancias que as xustifiquen, dirixirse á Dirección Xeral de Cooperación Exterior, quen informará a Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento, e serán autorizadas ou denegadas no prazo dun mes.

Naqueles casos en que a modificación sexa de carácter incidental bastará con que sexa comunicada no informe de seguimento ou na primeira comunicación que se dirixa á Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

3. Nos casos de programas formativos ou de difusión as ONGD beneficiarias deberanlle comunicar a Dirección Xeral de Cooperación Exterior antes do inicio da actividade calquera modificación do proxecto formativo para a súa autorización se procede, así como calquera variación do calendario.

Artigo 19º.-Xustificación e pagamento das axudas.

1. Para acada-la maior operatividade deste tipo de axudas poderá acordarse, no momento da con

cesión, un anticipo de pagamento pola contía máxima que proceda de acordo co establecido na normativa orzamentaria.

O resto do importe librarase no momento da completa xustificación por parte dos beneficiarios do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda e demais condicións esixidas na presente orde.

2. No suposto de proxectos de cooperación ó desenvolvemento as organizacións beneficiarias de axudas deberanlle remitir á Dirección Xeral de Cooperación Exterior, dentro do exercicio orzamentario, e como requisito previo ó último pagamento, a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe final sobre a execución do proxecto con indicación detallada das metas conseguidas e o grao de consecución dos obxectivos planificados.

b) Declaración da ONGD con expresión detallada dos recursos aplicados á execución do proxecto subvencionado, distinguindo as distintas fontes de cofinanciamento, e a súa aplicación ós distintos gastos realizados.

c) Declaración da contraparte ou copia do documento acreditativo dos importes recibidos polo socio local para realiza-lo proxecto.

d) Relación detallada, segundo partidas do orzamento, dos distintos pagamentos -en moeda local e en euros-realizados con motivo da execución das actuacións subvencionadas conformados, en todo caso, polos responsables da ONGD en Galicia.

Así mesmo, a ONGD queda obrigada a dispoñer na súa sede das facturas orixinais e comprobantes correspondentes á subvención concedida, por se se necesitase verificalas. No caso de existir dificultades xustificadas para o cumprimento deste trámite, os comprobantes orixinais poderían quedar na sede da contraparte local, conservándose na sede da ONGD galega copias acreditativas destes, entendendo así as copias dos xustificantes onde figuren os datos identificativos do emisor, do destinatario, data de emisión, concepto concreto do gasto e importe en moeda local -consignando a súa equivalencia en euros-, autenticadas pola contraparte local.

3. No caso de programas formativos e de difusión, unha vez realizada a actividade e dentro dos 30 días seguintes ó da súa finalización e en todo caso, antes do día 30 de novembro, a ONGD beneficiaria da axuda remitiralle á Dirección Xeral de Cooperación Exterior a seguinte documentación xustificativa:

a) Informe final da actividade onde figure unha descrición do desenvolvemento da actividade e valoración dos resultados alcanzados, así como detalle de incidencias significativas, se as houbese, indicando ademais:

-Nas actividades formativas: relación final do profesorado e expresión numérica de participantes deta

llando, se fora posible, as profesións, titulacións ou oficios a que pertenzan os destinatarios da formación.

-Nas accións de sensibilización: axentes, colectivos ou número de beneficiarios finais das actuacións.

b) Relación detallada de gastos efectuados para a execución da actividade, conforme o orzamento presentado, acompañada de copia das facturas debidamente compulsadas.

4. En ámbolos dous casos, e xunto coa súa correspondente documentación xustificativa, as entidades beneficiarias deberán presenta-los seguintes documentos:

a) Certificación bancaria emitida pola entidade correspondente, para poder efectua-la transferencia pertinente, sempre que sexa a primeira vez que solicitan estas axudas á Xunta de Galicia ou que os datos bancarios consignados anteriormente para outras subvencións fosen modificados.

b) Declaración complementaria e actualizada das axudas e subvencións recibidas para ese mesmo proxecto subvencionado.

c) Certificacións acreditativas de estar ó corrente das obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e de non ter pendentes de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 20º.-Supervisión e control dos proxectos subvencionados.

A realización e xestión dunha actuación subvencionada, así como o sistema de funcionamento da ONGD, poderán ser examinados en calquera momento por responsables designados pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior ou polos órganos de control económico específicos da Administración autonómica galega.

A ONGD queda obrigada a levar ó día a contabilidade xeral e, dentro desta, a contabilidade específica de cada proxecto cofinanciado, conforme a correspondente lexislación en vigor.

Artigo 21º.-Revogación e reintegro de axudas.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais para o mesmo proxecto, poderá dar lugar á modificación da resolución concesoria ou, se é o caso, á revogación total ou parcial da axuda.

2. As Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento beneficiarias están obrigadas o reintegro das cantidades recibidas, cos correspondentes xuros de demora, e de acordo co establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7

de outubro, de réxime económico e financeiro, nos seguintes casos:

a) Por obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas.

b) Por incumprimento da obriga de xustificación na forma e prazos establecidos na resolución concesoria.

c) Por incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Por modificación substancial dos proxectos subvencionados sen autorización expresa do órgano competente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os beneficiarios destas axudas quedan sometidos ós requisitos legais e regulamentarios que prevexa a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos poida efectua-la entidade concedente e ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas de Galicia.

Segunda.-En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade subvencionada.

Terceira-As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actividade subvencionada.

Cuarta.-De conformidade co Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2001 para o exercicio 2002 e a Orde do 29 de decembro de 2001 que o desenvolve, existe crédito de 300.510 euros na partida orzamentaria 17.03.121 A. 490.0 destinado as actuacións previstas na presente orde, cantidade que se incrementará cos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Cooperación Exterior para dicta-las resolucións precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

Aurelio D. Miras Portugal.

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA