Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000357/2002 dereitos fundamentais IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia contra a orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 21 de febreiro de 2002, pola que se fai público o censo electoral provisional correspondente ás persoas físicas para as primeiras eleccións a cámaras agrarias de Galicia.

A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo (sección primeira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000357/2002 dereitos fundamentais IN, interposto por Unións Agrarias de Galicia contra a orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 21 de febreiro de 2002, pola que se fai público o censo electoral provisional correspondente ás persoas físicas para as primeiras eleccións a cámaras agrarias de Galicia.

En consecuencia, esta secretaria xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 (cinco) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO