Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican resolucións de recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense), devoltas polo servicio de correos.

Por esta resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devoltas polo servicio de correos, notifícaselles ós interesados, cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos I e II, a parte dispositiva da resolución dos recursos de alzada interpostos por Lisardo Fernández Pérez e Francisco Mandianes Díaz contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense).

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Lisardo Fernández Pérez.

Domicilio: Os Blancos (Os Blancos-Ourense).

Texto: desestima-lo recurso de alzada interposto por Lisardo Fernández Pérez, contra o acordo de con

centración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense).

Contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998.

ANEXO II

Destinatario: Francisco Mandianes Díaz.

Domicilio: Covelas, 32231 Os Blancos (Ourense).

Texto: estima-lo recurso de alzada interposto por Francisco Mandianes Díaz, contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos-Ourense), no sentido de modificar, tal e como se reflicte nos planos que se achegan, a localización dos seus predios nº 1.865 (Francisco Mandianes Díaz), 1.866 (José Méndez Penín) e 1.867 (terra sobrante), sen que varíen as súas superficies e valores.

Contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998.

Achéganse con esta resolución copias parciais dos planos, así como fichas de atribucións dos interesados.

De todo o cal se dará traslado á documentación e ós planos do acordo para os debidos efectos, así como ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.