Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 3.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2000/0241, interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, do 8 de febreiro de 2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido na rúa Enrique Granados, bloque 41, portal 8, 1º D, polígono de Caranza, Ferrol, A Coruña, a resolución do recurso de alzada número V-2000/0241, interposto por Antonio García Rodríguez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 8 de febreiro de 2000, da que a parte dispositiva di:

«Resolvo desestima-lo recurso de alzada (exp. nº V-2000/0241) interposto por Antonio García Rodríguez, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) da Coruña, do 8 de febreiro de 2000, pola que se acorda, ó non consta-la remisión da documentación requirida necesaria para a regularización dunha vivenda de promoción pública, proceder ó arquivo do expediente de acordo co establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); resolución que se confirma.».

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, de acordo cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda