O Pleno deste Concello de Vigo acordou aprobar definitivamente o Plan parcial B SUP PP 1 predio Solita en Alcabre, promovido pola entidade mercantil Frapejus Galicia, S.A., na súa última versión (texto refundido) segundo proxecto e planos redactados polo equipo de arquitectos Castro e Alonso C.B. e Arturo Dapena Barros, visado polo COAG o 31-1-2002.
De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de enderezo ignorado, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.
Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:
Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 13 de marzo de 2002.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo