Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto da asistencia técnica solicitada é o desenvolvemento do programa Carteira Tecnolóxica 2002, que ten como finalidade darlles cobertura ás universidades do Sistema Universitario de Galicia e organismos dependentes do CSIC radicados en Galicia no proceso de detección e definición de tecnoloxías para a súa transferencia ó mercado, a partir dunha metodoloxía axeitada para tal proceso.

b) Prazo de execución: o traballo obxecto deste contrato realizarase por fases, e os prazos de execución son os seguintes:

-Fase preliminar: constitución dun equipo de traballo e establecemento dos mecanismos de coordinación entre os distintos participantes. Sesión formativa sobre a metodoloxía para 10 persoas, é dicir, dúas de cada OTRI e dúas da Secretaría Xeral de I+D.

-Fase 1: entrevistas coas OTRIS das universidades e da Delegación en Galicia do CSIC, así como con investigadores para detecta-las tecnoloxías que puidesen acollerse a este programa. O resultado desta fase debe consistir na identificación de, alomenos, 30 tecnoloxías.

Os traballos correspondentes ás fases preliminar e fase 1 deberán estar rematados o 31 de xullo de 2002.

-Fase 2: análise das 30 tecnoloxías detectadas na fase anterior.

-Fase 3: selección de, alomenos, 10 tecnoloxías entre as previamente analizadas, que despois da aplicación da metodoloxía se consideren con potencial de comercialización.

-Fase 4: elaboración dos materiais comerciais correspondentes ás 10 tecnoloxías que foron seleccionadas.

Os traballos de realización das fases 2, 3 e 4 deberán estar rematados o 30 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a setenta e dous mil euros (72.000 euros), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A640.0 do proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e presentado no Parlamento de Galicia.

5. Garantía provisional:

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a mil catrocentos corenta euros (1.440 euros).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no Rexistro da Secretaría Xeral de Inves

tigación e Desenvolvemento; rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 10 87/981 54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

9. Apertura de ofertas:

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Por tratarse dun expediente tramitado ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gastos, modificada por orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000, a adxudicación definitiva estará condicionada á aprobación polo Parlamento de Galicia dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento