Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso e tramitación urxente, da subministración dun vehículo.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca o seguinte concurso público:

Expediente nº: 18/2002 S.

1. Obxecto: subministración dun vehículo (ambulancia asistencial).

2. Orzamento: 39.065,79 euros (IVE incluído).

3. Prazo de entrega: 15 días desde a formalización do contrato.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo o disposto no punto 4.4. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Xerencia de Atención Primaria; rúa México, 26-1º andar, 36204 Vigo; teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria; rúa México 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de marzo de 2002.

Ángel Martín Santos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo