Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento para consulta de fisioterapia con destino a varios centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (SCS-05/2002) (lote único).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento para consulta de fisioterapia con destino a varios centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (lote único).

Orzamento: cento corenta e oito mil cento oitenta e oito euros con IVE incluído. (148.188 euros, con IVE incluído). Desagregándose en dúas anualidades:

Ano 2002: 96.792 A.

Ano 2003: 48.396 A.

Lote único: equipamento para consulta de fisioterapia. 148.188 A

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, prazo de entregas parciais, que se adaptará ás datas de finalización das obras dos centros de saúde.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (C.P. 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratación. Ou chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 18 48, 981 54 73 87, e en Copy-Estudio, r/ Nova, 19. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores : os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos