Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

Para os efectos previstos no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que a Comisión de Goberno, en sesións extraordinarias que tiveron lugar os días que a continuación se sinalan, adxudicou as obras que se apuntan:

a) A José Sanjurjo Construcciones, S.L. a obra coñecida por: reconstrucción da ponte Pontenova, en Cazás, na suma de 66.111,33 euros. Acordo do 8 de novembro de 2001.

b) A José Sanjurjo Construcciones, S.L. a obra denominada: pavimentación de accesos en Lousada, Roupar, Piñeiro, Burgás, Candamil e Cabreiros, na cantidade de 96.161,94 euros. Acordo do 9 de febreiro do ano que corre.

Xermade, 19 de febreiro de 2002.

Manuel González Fernández

Alcalde