Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal funcionario que a continuación se relacionan, para prover, polo sistema de concurso-oposición, vacantes na relación de postos de traballo para 2001 da Deputación Provincial de Lugo.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo números 56 e 65, do 8 e 20 de marzo de 2002, respectivamente, publícase a convocatoria así como as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, que a continuación se relacionan, correspondentes á oferta de emprego

para o ano 2001, para prover polo sistema de concurso-oposición.

-Nº de prazas: 1.

Denominación: técnico.

Grupo: A.

-Nº de prazas: 1.

Denominación : administrativo-traductor.

Grupo: C.

Presentación de instancias: serán dirixidas ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal) desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 20 de marzo de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo