Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.158

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (813/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 813/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Juan Gacio Vicente, contra Construcciones Covilco 2000, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de despedimento, se dictou, con data do sete de febreiro de 2002, sentencia, cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que debo estima-la demanda promovida por Juan Gacio Vicente contra a empresa Construcciones Covilco 2000, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, declarando improcedente o despedimento e condenando á empresa a readmiti-lo traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento (6-11-2001), ou a elección da empresa, a lle aboar unha indemnización de setenta e seis mil seiscentas corenta e sete pesetas (76.647 pesetas, 460,66 euros), e trescentas cinco mil novecentas noventa e unha pesetas (305.991 pesetas, 1.839,04 euros) en concepto de salarios de tramitación, así como os salarios que se puidesen devengar desde a data desta sentencia ata a data da súa notificación, a razón dun haber diario de 4.857 pesetas, 29,19 euros».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a Construcciones Covilco 2000, S.L., con domicilio na rúa Alfredo Brañas, 18, Galerías A Lúa, baixo, local nº 10, hoxe en paradoiro descoñecido e facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

E así mesmo, para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o 22 de febreiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA