Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación dunha empresa que elabore e reproduza o Diario Oficial de Galicia en soporte CD-ROM.

Obxecto: contratación dunha empresa que elabore e reproduza o Diario Oficial de Galicia en soporte CD-ROM.

Orzamento de licitación: 51.200 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: dous meses.

Garantía provisional: 1.024 euros.

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1016.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situada na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó remate do prazo para presenta-las ofertas. Se este fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o primeiro día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que aboará con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Publica

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA