Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 26 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Fomento do Emprego, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro de axudas e subvencións públicas con data do 28 de setembro de 2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificaselle á entidade beneficiaria que no anexo se menciona o acordo de inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro de axudas e subvencións públicas, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e concedéselle un prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio,

para que poida realiza-las alegacións e presenta-la documentación que coide pertinentes, segundo o previsto no artigo 20.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, dictarase a resolución que corresponda respecto ó reintegro da subvención concedida.

O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2002.

Justo de Benito Basanta

Director xeral de Fomento do Emprego

ANEXO

Nº de expediente: FM 342B 1999/10-0.

Procedemento: fomento da contratación indefinida.

Data da resolución de concesión: 30-7-1999.

Beneficiario: Confección e Creación Textil, S.L.

CIF: B-36317915.

Enderezo: Laminada-Pousadouro, 106, Redondela 36800, Pontevedra.

Incumprimento: artigos 8 e 25 da Orde do 22 de marzo de 1999, pola que se regulan os programas de fomento da contratación por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999.

Contía da subvención percibida: 198.333,99 euros.