Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a realización da campaña concertada para o programa Turismo Social 2002 para as persoas maiores.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de servicios para a realización da campaña concertada para o programa Turismo Social 2002 para as persoas maiores.

b) Lugar de realización do servicio: Comunidade Autónoma de Galicia e outras comunidades que figuran no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: 7 meses (de maio a novembro de 2002).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 366.618 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 7.332,36 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77; Fax: 981 54 69 69.

e) Internet: www.xunta.es/contratación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais