1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.
2. Obxecto do contrato: execución da obra de construcción de nave para aulas, oficinas e almacéns. 3ª fase+estructuras. Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: 105.229,41 euros, IVE e demais tributos incluídos, se ben deberá considerarse a posibilidade exposta ó final deste anuncio.
5. Garantías. Provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu, Eduardo Vicenti, 10. 36930, Bueu, Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29. Telefax: 986 32 20 99.
7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 26 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP). De 8 a 14 horas, de luns a venres, das 9.30 a 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.
b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.
9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Nota: poderán chegar a ser obxecto de contratación, mediante procedemento negociado, as obras correspondentes á 4ª fase fixada no proxecto técnico, de conformidade co disposto no artigo 141 e) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, sempre e cando se chegue a dispor do oportuno financiamento e non transcorran máis de tres anos desde a formalización do contrato inicial. Exclusivamente para tales efectos, fíxase o orzamento do contrato en 265.531,26 euros.
Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficinas na propia casa do concello.
Bueu, 19 de febreiro de 2002.
Tomás Barreiro Sotelo
Alcalde

