Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria do 22 de febreiro de 2002, o proxecto de delimitación do polígono de actuación no SAU-1 (uso industrial) no lugar das Veigas de Almorzar, presentado por Alfonso Viñas Colmeiro, en representación de Euronave Siglo XXI, S.L. e redactado polo arquitecto Santiago Ulloa Ayora, sométese a información pública polo prazo de vinte días, para efectos de alegacións conforme o establecido no artigo 121.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición dos interesados na Oficina de Obras do concello.

Caldas de Reis, 4 de marzo de 2002.

José Mª Tobio Barreira

Alcalde