O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 18 de febreiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas no trámite de exposición pública no sentido en que figuran no informe emitido e que consta nesta proposta.
Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector 2 San Pedro de Visma, presentado pola súa comisión xestora, coa condición de que presente texto refundido no que se corrixan as observacións sinaladas no corpo do informe.
Terceiro.-Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.
Cuarto.-Publica-lo texto das ordenanzas reguladoras no BOP.
Quinto.-Notifica-los afectados.
Sexto.-Comunicar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares
do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.
Sétimo.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.
A Coruña, 12 de marzo de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

