Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de material para a iluminación pública do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación Aforro. Nº de expediente: 14875/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de material eléctrico, columnas e soportes para a mellora da iluminación pública do concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días, lotes 1 e 2, e 30 días lote 3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 24.040,67 euros; lote 2: 33.055,66 euros e lote 3: 12.621,25 euros.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación na Internet en www.vigo.org.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 13 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde