Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de material eléctrico para o concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Diversificación e Aforro. Nº de expediente: 3276/444.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de material eléctrico (bridas, tacos, parafusos, conductor, etc.), para a substitución do que se atopa deteriorado no concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 67.439,62 euros.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación na Internet en www.vigo.org.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 18 de marzo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde