Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para subministración a esta deputación de vehículos e colectores para recollida de residuos sólidos urbanos.

De conformidade co acordado pola Corporación provincial, na sesión do 22 de febreiro último, convócase concurso para a subministración a esta deputación de vehículos e colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos, co seguinte detalle:

Lote nº 1: subministración de 1.319 unidades de colector, de 800 litros de capacidade, para a recollida de RSU; 871 unidades de colector, de 800 litros, para a recollida selectiva de envases; 238 unidades de colector, de 360 litros, para a recollida selectiva de vidro; 238 unidades de colector, de 360 litros, para a recollida selectiva de papel/cartón; 100 unidades de colector, tipo iglú, de 2.500 litros, para a recollida selectiva de vidro; 100 unidades de colector, tipo iglú, de 2.500 litros, para a recollida selectiva de papel/cartón. Tipo de licitación: 470.011,00 euros.

Lote nº 2: dezanove camións de recollida de residuos sólidos urbanos, con caixa de 12 m de capacidade. Tipo de licitación: 2.032.624,00 euros.

Os pregos de condicións íntegros publícanse no BOP do día 25 de febreiro e corrección de erros no do día da data, e seralles facilitado gratuitamente a tódolos que o soliciten ó teléfono: 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

A presentación de ofertas e documentación debe realizarse no rexistro xeral da deputación ata as 13 horas do día 6 de maio do ano actual. A apertura de ofertas realizarase o día 14 de maio, ás 12 horas, no pazo provincial. No caso de recibirse anuncio de ofertas por correo sen que a documentación teña entrada antes do día 14 de maio, o acto de apertura realizaríase o día 20 do mesmo mes, ás 12 horas.

Garantías: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do importe da adxudicación.

Ourense, 4 de marzo de 2002.

O presidente

Rubricado