Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.180

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO da comisión electoral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra-Caixanova.

Para coñecemento dos impositores desta caixa de aforros, faise público que, de conformidade co anunciado oportunamente o día 6 de marzo último, tivo lugar en Vigo, en acto público perante notario, o sorteo para a designación de compromisarios que terán de elixir no seu día os conselleiros xerais que os representen dentro dos seus órganos de goberno.

Durante os días hábiles comprendidos entre o 2 e o 15 do vindeiro mes de abril, ámbolos dous inclusive, van estar expostas no domicilio social da entidade tódalas listas de compromisarios así elixidos, expoñéndose en tódalas oficinas as listas da circunscrición a que cada unha pertence, para que tódolos impositores poidan consultalas e presenta-las reclamacións ou impugnacións que consideren pertinentes, durante o devandito prazo e dous días máis.

A tramitación das mencionadas reclamacións axustarase ó establecido no Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno da caixa, debendo ser formuladas por escrito dirixido á comisión electoral, e presentadas na oficina onde se tivese observado a deficiencia de que se trate, ou na sede central, achegando necesariamente a xustificación documentada axeitada, salvo que se designen de modo concreto os elementos de proba e estes se atopen en poder da propia caixa.

A relación nominal definitiva, despois das rectificacións procedentes, vaise expoñer ó público de igual forma e con carácter de notificación para tódolos efectos, durante os días 26 de abril ó 10 do vindeiro mes de maio.

Vigo, 14 de marzo de 2002.

Ramón Cornejo Molíns

Co presidente