Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/133-2, 5480 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Severino Onega Ares.

Domicilio social: r/ Ponte Outeiro, nº 7, 27000 Castro de Rei.

Denominación: planta coxeración en secadeiro de Lodos-Onega.

Situación: Castro de Rei.

Descricións técnicas: grupo motor-xerador: 2 caterpillar G3512TA, 956 kVA, 400 V c/n. Combustible: gas natural. Trafo potencia: 2 de 1.000 kVA, 0,4/20 kV. Instalacións de mando, control, protección e medida. Previsión de enerxía cedida á rede: 10648 MWH/ano. Orzamento: 153.649.900 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo