Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. Ovenza-Outeiro, no concello de Piñor, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 01/127-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Batundeira nº 2 Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Resolución do 10 de outubro de 2001, desta delegación provincial, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de novembro, no BOP de Ourense do 28 de novembro e no xornal La Región do 26 de outubro, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,

polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, sen que no prazo establecido para iso se presentara ningunha alegación.

Segundo.-O proxecto, coas características básicas que se reflicten a continuación, recibiu informe favorable polos servicios técnicos desta delegación provincial, efectuándose a comprobación sobre o terreo do trazado da liña eléctrica proxectada na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

-Liña aérea, a 20 kV, de 522 m, derivada desde a L.M.T. ó C.T. de Cudeiro e remata no C.T. proxectado aéreo Ovenza-Outeiro, con 50 kVA e R/T 20.000/380-220 kV. Redes de baixa tensión de 440 m en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 16 de febreiro de 2001).

Segundo.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, as instalacións e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos necesarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Ovenza-Outeiro, situadas no concello de Piñor.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, daqueles predios contidos no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 15 de febreiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense