Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza e lavandería e a explotación do servicio de cafetería da residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspon-

dentes, resolve anuncia-los concursos que de seguir se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 9 e 10/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición:

* Expediente: 9/2002: servicio de limpeza e lavandería.

* Expediente 10/2002: explotación do servicio de cafetería.

b) Lugar de execución: residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense).

c) Prazo de execución: desde o 26 de abril ata o 31 de outubro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importes totais:

* Expediente 9/2002: 58.095 A.

* Expediente 10/2002: 600 A.

5. Garantía:

a) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense, 32004.

d) Teléfono: 988 38 60 96, telefax: 988 38 60 87.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: no se exise.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica nas cláusulas dos pregos de cláusulas administrativas particulares e nos pregos de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense ou por calquera dos procedementos prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as disposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión de oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32004.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: a partir das 13 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 1 de abril de 2002.

(P.D. Orde 19-1-1998, Decreto 488/1997, do 26-12)

José Sotelo Presas

Delegado provincial accidental de Ourense