Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 150/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 19 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 150/01P.

Denunciado: Manuel Nóvoa Rodríguez.

DNI: 34942932.

Último enderezo coñecido: Vilanova dos Infantes, nº 25, Celanova (Ourense).

Feito probado: dedicarse á pesca de cangrexo americano sen licencia de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de 300,51 euros, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.