Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a creación do couto de pesca intensiva da Ulloa.

Para os efectos previstos no artigo 15.3º, do vixente Regulamento de pesca fluvial e ordenación dos ecosistemas acuáticos, sométese a información pública o seguinte expediente:

-Nova creación: couto intensivo da Ulloa, que afecta os concellos de Antas de Ulla e Monterroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consulta-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial (Servicio de Conservación da Natureza) no prazo de quince días contados a partir da publicación do presente anuncio.

Lugo, 25 de febreiro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo